Os asistentes puidemos asistir en directo á presentación do himno á vila de Baiona e composto polo director da Escola de Música Municipal e director da Banda Municipal de Baiona Gabriel Rodríguez.
Ao acto asistiron entre outras autoridades, o Presidente da Xunta de Galicia, o Conselleiro de Sanidade e a Presidenta da Deputación.
‘Benvidos a Baiona a Real, unha vila con raíces mariñeiras que se remonta a tempos inmemoriais”. Con estas palabras comezaba a súa intervención o alcalde de Baiona, Angel Rodal. Lembrou que “Baiona sempre foi unha vila de acollida e así un 1 de marzo de 1493 a Real Vila acolleu unha maltreita Carabela Pinta e así mesmo, a Arribada serve para consolidar os lazos de amizade cos pobos hermanados: Pornic, Palos de la Frontera, Santa Fé de Granada, Rafael Freyre e Vila do Bispo. Este ano ademais a Concellería de Cultura, apostou por dar unha maior visibilidade aos nosos pobos irmáns na nosa celebración e creou un espazo chamado Paradas dos Pobos Irmáns, situado no Paseo Ribeira e no que se ofrecen os produtos típicos de cada rexión coa que Baiona está hermanada pola súa relación Colombina.”
Tamén quixo destacar o importante papel nos logros alcanzados ao longo destes anos pola Festa do “actual Conselleiro de Sanidade e exalcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e a nosa concelleira de Cultura, María Iglesías Fernández. O primeiro deles desde que colleu o timón da Alcaldía capitaneou con firmeza e bo saber, do mesmo xeito que Pinzón fíxoo coa Carabela Pinta, o buque insignia da Festa da Arribada, para que arribase na elite dos festexos entre os que hoxe se atopa. A segunda, á fronte da organización da Arribada desde hai xa 9 anos, superouse ano tras ano, dotando á festa duns espectáculos e dunha entidade inimaxinables; Grazas aos dous pola vosa implicación.”
Pola súa banda, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, avogou por manter o espírito da Arribada para que Galicia sexa sempre porta de entrada e benvida aos “mundos novos” que quedan aínda por descubrir.
No acto tamén interveu a presidenta da Deputación, Carmela Silva, que destacou o carácter “extraordinario da Arribada, un festexo que lembra que hai 523 anos Baiona pasou a formar parte da historia da humanidade”.
Tras a simbólica ofrenda de coroas, homenaxe ao capitán da Pinta, Martín Alonso Pinzón, que o 1 de marzo de 1493 desembarcou na Ribeira coa noticia do Novo Mundo , na que participaron tamén algunhas das autoridades presentes -entre elas a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro; ; representantes dos “pobos irmáns” de Baiona, e o decano do corpo consular en Vigo, José Antonio de Román e Luís-,os asistentes puidemos gozar en directo da presentación do himno á vila, composto por Gabriel Rodríguaz e interpretado pola soprano Andrea Pousa.
Ler mais: A Arribada de Baiona referencia imprescindible para Turismo de Galicia





