spot_img
InicioVal MiñorGondomarAlumnos de 3º de ESO de Gondomar participaron na 'IV Carreira a...

Alumnos de 3º de ESO de Gondomar participaron na ‘IV Carreira a prol da corrsponsabilidade home-muller’

alumnos-de-3o-de-eso-de-gondomar-participaron-na-iv-carreira-a-prol-da-corrsponsabilidade-home-muller

A vistosa proba, trasladada ao pavillón municipal por mor da choiva, forma parte das actividades da concellería d Igualdade con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Gondomar envorcouse este venres  cos 123 alumnos de 3º de ESO que participaron este mediodía nunha nova edición da  Carreira a prol dá corresponsabilidade que organizou a concellería da Muller en colaboración coa Deputación de Pontevedra e os Institutos de Educación Secundaria Ies Auga dA Laxe e Terra de Turonio.

A carreira, que se enmarca dentro as actividades previstas con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller pretende sensibilizar e concienciar aos mozos  sobre a necesidade de erradicar estereotipos sociais sobre a repartición de tarefas e a importancia dunha educación baseada na corresponsabilidade e na igualdade de aptitudes,  capacidades e habilidades  de ambos os sexos tanto á hora de realizar tarefas domésticas -habitualmente adscritas ao xénero feminino- como actividades de bricolaxe ou mantemento do fogar, que tradicionalmente se consideraron máis propias de homes.

Nesta ocasión e debido ás condicións climatolóxicas as distintas fases e retos programados nesta competición ?considerada xa un clásico en Gondomar tras catro anos de celebración-celebráronse integramente no Pavillón Municipal. Aínda que houbo que suspenden o tradicional percorrido por distintas rúas do centro urbano o traslado forzoso non restou vistosidade ao evento.

alumnos-de-3o-de-eso-de-gondomar-participaron-na-iv-carreira-a-prol-da-corrsponsabilidade-home-muller

POR PARELLAS E UNIDOS DE PÉS E MANS

Os participantes divididos por parellas -na súa maioría mozo e moza- afrontaron como primeiro reto unha carreira de obstáculos na que cada parella tivo que avanzar  unida de pés e mans, para o que, a organización colocoulles unha goma coa que permaneceron unidos por un dos seus pés e unha das súas mans durante a realización da proba.  Os vencedores foron Os alumnos participaron tamén en probar de carácter lóxico-deductivo co reto de resolvela antes de cruzar a meta. Os tres finalistas para a fase final do concurso foron dúas parellas do Instituto Auga dA Laxe e unha do Terra de Turonio.

Nesta última fase os participantes demostraron as súas habilidades en tarefas de corresponsabilidade con tres novas probas. Na primeira tiveron que demostrar a súa capacidade para asear, vestir e sentar nunha cadeira de rodas a un boneco que fixo as veces de persoa dependente. Así mesmo tiveron que montar unha lámpada e demostrar as súas habilidades en tarefas de reciclaxe.

 

alumnos-de-3o-de-eso-de-gondomar-participaron-na-iv-carreira-a-prol-da-corrsponsabilidade-home-muller

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.