Inicio Baixo Miño A Guarda A Guarda estuda un plan de prevención para as palmeiras non afectadas...

A Guarda estuda un plan de prevención para as palmeiras non afectadas polo picudo e para rehabilitar exemplares enfermos

a-guarda-estuda-un-plan-de-prevencion-para-as-palmeiras-non-afectadas-polo-picudo-e-para-rehabilitar-exemplares-enfermosO alcalde Antonio Lomba e o Concelleiro de Medio Ambiente Paulino Rodríguez visitaron, xunto a responsables dunha empresa, palmeiras da vila. Queren rescatar aquelas que teñan importancia pola súa singularidade e pola paisaxe que conforman.

 O Concello da Guarda estuda un plan de prevención para as palmeiras non afectadas polo picudo vermello e para rehabilitar algúns dos exemplares que xa están infectados. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, xunto co Concelleiro de Medio Ambiente, Paulino Rodríguez, reuníronse nestes días cos responsables dunha empresa para pedir un orzamento para levar a cabo estes traballos.

Antonio Lomba explicou que queren é salvar todas aquelas palmeiras que teñen importancia tanto pola súa singularidade coma pola paisaxe que conforman na vila. Así o alcalde guardés fala, por exemplo, das tres palmeiras da Alameda -algunha delas centenarias- que representan unha escena recoñecida da Guarda. Neste caso as palmeiras non están afectadas polo picudo así que o que se precisa sería un tratamento de prevención.

Tamén terán especial coidado das dúas palmeiras ubicadas no Castelo de Santa Cruz -estas si afectadas- ou das instaladas fronte o Centro de Saúde.

Antonio Lomba e Paulino Rodríguez tamén lles falaron aos expertos da palmeira instalada no Convento de San Bieito pero, lamentablemente, este exemplar xa está demasiado enfermo polo que procederán retiralo.

Ademais deste plan de prevención, o Concello da Guarda quere retirar todas aquelas palmeiras que non se poidan salvar para así frear a praga deste picudo vermello. Para a súa retirala queren acordar coa Xunta un protocolo para poder desfacerse desta praga.

O Concello da Guarda anima aos particulares que teñan nas súas palmeiras a levar a cabo un tratamento de prevención para aquelas que aínda non estean afectadas, a tratar as que poidan salvarse.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies