Inicio O Morrazo Cangas do Morrazo Nuevas rutas de senderismo para gozar de Cangas

Nuevas rutas de senderismo para gozar de Cangas

Nuevas rutas de senderismo para gozar de Cangas
Monte Castelo – ©Turismo Cangas

O municipio de Cangas do Morrazo é moi coñecido polo gran atractivo da súa costa,, ven de poñer en valor unha boa parte dos seus camiños e  do seu  monte, ese gran descoñecido que está presente en toda a superficie do concello, con impresionantes miradoiros que comparten vistas espectaculares ás tres rías que nos circundan: a de Vigo, a de Aldán e a de Pontevedra, así como aos arquipélagos que protexen ás mesmas: o das Illas Cíes e o da Illa de Ons.

Se trata de cinco novos sendeiros que se suman aos que xa existían: a Senda Costeira entre Cangas e Donón, e o Sendeiro Azul, entre Cabo Home, Donón e o Monte do Facho. Ademais, existe unha nutrida rede de camiños e pistas que, aínda que non sinaladas,  están ahí para ser camiñadas e que foron usadas dende outrora polos veciños para comunicarse dunha aldea a outra, como era o caso das leiteiras de Ermelo, no límite con Bueu, que baixaban  a diario a vender o leite por antigas corredoiras, ou veciños do rural que viñan cargados polos camiños cos feixes de toxo e leña para alimentar aos fornos e as lareiras.

Nuevas rutas de senderismo para gozar de Cangas
FERVENZA RIO BOUZOS (MONTES DE COIRO) – ©Turismo Cangas

Toda esta aposta polos sendeiros parte da Concellaría de Turismo do Concello de Cangas, en colaboración coas Comunidades de Montes de Coiro, Darbo e O Hío, e da Escola Obradoiro Granxa da Rúa.

Nuevas rutas de senderismo para gozar de Cangas
Costa da Vela desde o sendeiro dos Monte do Hío – ©Turismo Cangas

O propósito principal desta actuación ten dúas orixes diferentes. Por unha banda, a necesidade de desestacionalizar o turismo, é dicir, procurar atraer xente a Cangas non só no verán, senón durante todo o ano, e que as praias e o azul do mar non sexan o único motivo, senón tamén os montes e o verde dos nosos bosques. É un feito constatado que cada vez mais, os visitantes demandan rutas de sendeirismo e o noso Concello conta, nas súas parroquias, con gran número de sendeiros, algúns deles totalmente pechados, pola falta de uso.

Cangas goza ademais,  dunhas condicións climáticas privilexiadas, cun microclima particular e a chuvia non debe ser un problema para botarse a camiñar. Se países coma Irlanda, con altos índices de pluviosidade, teñen unha gran tradición sendeirista ….porqué non se poden dar aquí as mesmas circunstancias.

Pola outra banda, e despois de todo o vivido coas limitacións da pandemia da Covid-19, se puxo de manifesto a necesidade de buscar novas alternativas de ocio ao aire libre e aínda que xa os camiños estaban acá, o que se fixo foi limpar, rozar e abrir, sinalizar e darlles publicidade, para que calquera persoa,  veciño ou visitante, poida acceder con facilidade a calquera das rutas. Con estes sendeiros, tamén se busca desconxestionar certas zonas e recursos turísticos que, pola facilidade de acceso en coche e pola súa espectacularidade, se tornan multitudinarios e saturados, soportando unha capacidade de carga desmesurada.

Nuevas rutas de senderismo para gozar de Cangas
Area de lecer de Varalonga -©Turismo Cangas

Os sendeiros novos, cunha lonxitude que oscila entre os  3 e os 11 quilómetros, e con ascensos moderados, atravesan zonas de gran valor paisaxístico, elementos do patrimonio histórico-artístico,  e zonas de bosque autóctono como carballos ou castiñeiro.

Se queredes completar máis a información, podedes consultalo no último número da nosa revista.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies