spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda premia aos mellores lectores da Biblioteca Pública Municipal

A Guarda premia aos mellores lectores da Biblioteca Pública Municipal

A Guarda premia aos mellores lectores da Biblioteca Pública MunicipalEste luns celebrábase o Día do Usuario/a das Bibliotecas e a Concelleira de Cultura fixo entrega dun diploma e libros de agasallo para os mellores lectores do ano.

O luns día 11 de xaneiro celebrouse o Día do Usuario/a das Bibliotecas e dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda fíxose entrega dun diploma e libros de agasallo para os mellores lectores do pasado ano nas categorías xuvenil, infantil e adulto.

Os premiados recibiron da man da concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, un diploma que da conta da súa condición de usuarios e lectores asiduos e un lote de libros adaptados ao seu perfil lector.

Os premiados foron María Concepción Macua González, como mellor lector adulto con 57 libros; Pedro Fernández González , co premio ao mellor lector xuvenil con 53 libros; e Irene Fernández Lomba, mellor lectora na categoría infantil con 53 libros solicitados en préstamo.

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e dentro do ranking de libros máis lidos atopamos:

DEZ LIBROS MÁIS LIDOS POR ADULTOS

1.- La huella del mal / Manuel Ríos Sanmartín

2.- El destino de los héroes / Chufo Lloréns

3.- Las batallas silenciadas / Nieves Muñoz

4.- El amante silencioso / Clara Sánchez

5.- La bailarina de Auschwitz / Edith Eger

6.- Loba negra / Juan Gómez-Jurado

7.- Algún día hoy / Ángela Becerra

8.- Beleza vermella / Arantza Portabales Santomé

9.- Sakura / Matilde Asensi

10.- El latido de la tierra / Luz Gabás

DEZ LIBROS MÁIS LIDOS INFANTIL // XUVENIL

1.- Isadora Moon va al colegio / Harriet Muncaster

2.-¿De qué color es un beso? / Rocío Bonilla

3.- La diversión de Martina: misterio en el internado / Martina DÁntiochia.

4.- Seis de cuervos / Leigh Bardugo

5.- Isadora Moon va de excursión / Harriet Muncaster

6.- Isadora Moon va al ballet / Harriet Muncaster

7.- El señor búho y el bosque / Christelle Chatel

8.- Alianzas / Iria G. Parente.

9.- Anna Kadabra: el club de la luna llena / Pedro Mañas, ilustraciones, David Sierra Listón

10.- La diversión de Martina: ¡Aventuras en Londres! / Martina D´Antiochia

A Concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, destacou una súa intervención a importancia que ten a lectura para a formación e o crecemento persoal das persoas, convidando a todos os veciños da vila a que continúen ou ben se inicien neste fabuloso mundo da lectura, contando na Guarda cunha biblioteca modesta pero cunha boa colección de libros de diversas temáticas e para todos os gustos.

- Publicidade -spot_img