spot_img
InicioPontevedra e ÁreaNoite Branca no MARCO

Noite Branca no MARCO

O venres 9 de agosto, o MARCO súmase, un ano máis, á celebración da Noite Branca, unha iniciativa do Concello de Vigo que ten como principal obxectivo poñer en valor o patrimonio da nosa cidade, desenvolvendo unha programación específica de actividades nos centros da Rede Museística e Expositiva do Concello de Vigo, dirixidas á cidadanía e aos visitantes doutros lugares durante estes meses de verán.

Nesta noite especial, o MARCO amplía o seu horario de apertura ata as 2.00 da madrugada. O público poderá coñecer ou afondar nos contidos das exposicións temporais, e sumarse ás visitas guiadas conducidas polo persoal de salas. Ademais, o Espazo Anexo acollerá a presentación do poemario ilustrado “hacialaluz: poesía, sonido, imagen“.

Todas as actividades son de entrada libre e gratuíta ata completar capacidade.

http://www.marcovigo.com/content/noite-branca-no-marco

Visitas guiadas ás exposicións

Lugar: salas de exposición da planta baixa e do 1º andar

Horario: ás 12.00, 18.00, 20.00, 21.00, 23.00 e 00.00

DESTACADOS. Colección Telefónica e Coleccións Concello de Vigo

Salas de exposición da planta baixa

Unha selección de pintura, escultura e obra en papel das pezas máis significativas e icónicas da Colección Telefónica. As pezas reunidas no MARCO, sen seguir un estrito percorrido cronolóxico, permiten trazar unha breve panorámica dalgúns dos capítulos máis interesantes da historia da arte do século XX. Ademais, como valor engadido da mostra en Vigo, a través dunha coidada selección de obras procedentes das Coleccións do Concello de Vigo establécense vínculos e diálogos con creadores galegos renovadores, que deron paso á modernidade en Galicia.

O MARCO inaugura a exposición 'Xosé Luis Otero. Atlas de soidade', cuarta mostra individual da serie METRÓPOLE

XOSÉ LUÍS OTERO. Atlas de soidade

[Ciclo Metrópole. Perspectiva urbana da arte galega]

Salas de exposición do 1º andar

A proposta de Xosé Luís Otero para a cuarta achega do ciclo METRÓPOLE participa das dúas disciplinas clave na formación e posterior traxectoria do artista, a pictórica e a escultórica. A partir da seriación o artista logra confeccionar o paisaxístico pano de fondo da súa propia traxectoria vital. A exposición inclúe unha selección de obras de nova produción baixo o título Atlas de soidade, pezas todas elas realizadas nos últimos meses especificamente para esta mostra e para este lugar.

Documental RESCATADA. 68 anos agardando a memoria filmada

Patio 1 (planta baixa)

Un documento histórico filmado en 1951 e 1952, procedente dos arquivos da familia Beiras Cal, e recuperado do olvido por Miguel Piñeiro e o equipo da produtora Atlantis Multimedia. O filme inclúe unha reportaxe sobre o arquitecto Manuel Gómez Román e o seu acto de ingreso na Real Academia Galega, xunto a outras gravacións históricas realizadas polo intelectual galeguista Antón Beiras, a modo dun ‘contra NODO’ destinado á cultura galega no exilio. O filme proxéctase en continuidade, acompañado pola voz do historiador Xurxo Martínez González.

Presentación do poemario ilustrado

“hacialaluz: poesía, sonido, imagen”

Lugar: Espazo Anexo (praza peonil posterior)

Horario: ás 20.30

Hacialaluz son palabras que provocan unha reacción musical e unha expresión gráfica. Xorde da necesidade de expresión de cada un dos seus autores: os versos de Constance Hurlé aparecen na escena xunto aos peiteados da guitarra de Rui Grenha; Juan Blanco xoguetea cos uns e os outros e convirte esta expresividade nun conxunto visual que se materializa nun libro. Este libro é o resultado dun meticuloso traballo que se presenta ao público en forma de concerto poético, xunto cunha mostra das imaxes da publicación. O seu carácter fresco e innovador fai de “hacialaluz” unha manifestación artística xenuina, un espectáculo para os sentidos incapaz de deixar ao público indiferente.

 

Ficha técnica:

Dirección e texto: Constance Hurlé

Composición musical: Rui Grenha

Ilustración e deseño: Juan Blanco Delgado

Intérpretes: Constance Hurlé & Rui Grenha

Comunicación: Chachacha Studio

Deseño gráfico: Juan Blanco Delgado

Editorial: La fábrica de libros

Fotografía e vídeo: Juan Blanco Delgado, Jesús LaFuente

Produción musical: Bea Besada Homestudio

Colaboración musical: Javier Pereiro “GDjazz”, Ricardo Díaz, Rubén Fernández, Xis Trío

Agradecementos: La Canalla, Agrupación Fotográfica Galega, CSA A Cova dos Ratos

- Publicidade -spot_img