Inicio Pontevedra Baixo Miño O Instituto de Estudos Tudenses organiza unha xornada na igrexa de San...

O Instituto de Estudos Tudenses organiza unha xornada na igrexa de San Domingos de Tui baixo o título “San Domingos: arte e historia”

O Instituto de Estudos Tudenses organiza unha xornada na igrexa de San Domingos de Tui baixo o título San Doimingos arte e historiaOrganizada polo Instituto de Estudos Tudense achegará a dimensión artística e a vinculación deste templo coa liñaxe dos Soutomaior e os procesos devocionais da Idade Moderna.

A igrexa de San Domingos acollerá este mércores, 7 de agosto, a xornada organizada polo Instituto de Estudos Tudenses titulada “San Domingos: arte e historia”. Colabora nesta actividade o Concello de Tui e da Asociación Amigos da Catedral.  Esta mañá presentouse esta xornada na casa do concello por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro, e do presidente do Instituto de Estudos Tudense, Javier Añoveros.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou que esta xornada permitirannos coñecer esta xoia patrimonial tudense, facendo un chamamento a acudir a esta cita sobre un elemento singular do noso valor patrimonial e arquitectónico.

Mentres o presidente do Instituto de Estudos Tudenses, Javier Añoveros, lembrou que a entidade que preside dende hai uns anos organiza unhas xornadas anuais sobre a historia de Tui, que o ano pasado se centraron na igrexa de San Bartolomeu e que este ano se dedican a San Domingos, un dos principais exemplos da arte gótica galega e que conta cunha alongada historia dende a súa fundación no século XIV. Explicaba así que están previstas tres conferencias “moi atractivas e suxestivas” que farán unha achega á dimensión artística e a dous aspectos altamente relevantes da historia de San Domingos: a vinculación deste templo coa liñaxe dos Soutomaior e os procesos devocionais da Idade Moderna.

O Instituto de Estudos Tudenses organiza unha xornada na igrexa de San Domingos de Tui baixo o título San Doimingos arte e historia

O programa previsto, na propia igrexa de San Domingos, con acceso libre e gratuíto, comezará ás 18.30 h co acto de benvida e a conferencia “Los Sotomayor: un linaje entre Galicia y Portugal” a cargo de José Augusto Sotomayor Pizarro, da Facultade de Letras da Universidade de Porto, e Eduardo Pardo de Guevara y Valdés do Instituto Padre Sarmiento do CSIC.

A continuación ás 19.30 h realizarase unha visita comentada á igrexa “El arte gótico en Santo Domingo de Tui” a cargo Carmen Manso Porto, Biblioteca da Real Academia de Historia, especialista en arte dos dominicos en Galicia.  Ás 20.30 h está prevista a conferencia “El convento de Santo Domingo de Tui: foco de devociones dominicas en el Baixo Miño del Barroco” por Domingo González Lopo, da Universidade de Santiago de Compostela. Por último o peche das xornadas correrá a cargo do grupo de pandereteiras da Asociación Cultural O Mosteiro de Pexegueiro.

Xornada sobre San Domingo: arte e historia

  • Mércores, 7 de agosto, na igrexa de San Domingos
    • Ás 18.30 h acto de benvida e conferencia “Los Sotomayor: un linaje entre Galicia y Portugal” a cargo de José Augusto Sotomayor Pizarro, da Facultade de Letras da Universidade de Porto, e Eduardo Pardo de Guevara y Valdés do Instituto Padre Sarmiento do CSIC.
    • Ás 19.30 h Visita comentada á igrexa “El arte gótico en Santo Domingo de Tui” por Carmen Manso Porto, Biblioteca da Real Academia de Historia, especialista en arte dos dominicos en Galicia.
    • Ás 20.30 h Conferencia “El convento de Santo Domingo de Tui: foco de devociones dominicas en el Baixo Miño del Barroco” por Domingo González Lopo, da Universidade de Santiago de Compostela
    • Ás 21.30 h Momento musical a cargo do grupo de pandereteiras da Asociación Cultural O Mosteiro de Pexegueiro.
  • Organiza: Instituto de Estudios Tudenses
  • Colabora: Concello de Tui e Asociación de Amigos da Catedral de Tui.
- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies