Inicio Val Miñor Nigrán Retallos da historia, etnografía e arquitectura de Panxón - Unha nova Xeira...

Retallos da historia, etnografía e arquitectura de Panxón – Unha nova Xeira do IEM para este verán

O martes 6 de agosto terá lugar unha nova xeira dentro do programa das Xeiras de verán 2019 coa colaboración do concello de Nigrán titulada Retallos de historia, etnografía e arquitectura que será guiada por Antonio Soliño Troncoso e Anxo Rodríguez Lemos.
Panxón ademais de parroquia é unha vila mariñeira cuxos vestixios arqueolóxicos testemuñan a súa ocupación dende a Idade de Ferro. Esta cronoloxía na parroquia vai máis atrás: na praia de Patos atopáronse pezas talladas en cuarcita pertencentes ao Mesolítico (de 7.500 a 3.000 a. C.) e en Monteferro existen mostras de arte rupestre e muíños naviculares.
Ademais, na mesma península se localizou un xacemento de época romana, período ben representado no núcleo urbano: na praia de Panxón foi atopada unha ara dedicada a Mercurio e no Castro, antigo recinto marítimo da citada Idade de Ferro, apareceron restos dun mosaico e outras pezas que evidencian a existencia nel, cando menos, dunha vila romana.
Por último, na rúa Arco Visigótico localizáronse muros e cimentacións dun asentamento romano que algúns autores datan entre os séculos III e IV d. C. Tamén, a non moita distancia, pías para traballar o barro e restos de ánforas procedentes do Mediterráneo Oriental, síntoma do carácter comercial que asistiu ao lugar.
En resumo, a vila é un gran xacemento arqueolóxico, principalmente de época romana, á espera de ser analizado, estudado e tratado en concordancia coa súa importancia contextual.
Nesta xeira, ademais de visitar e comentar aspectos do mencionado anteriormente, trataremos o urbanismo da vila, constataremos o rexionalismo arquitectónico, tocaremos vida e obra de Antonio Palacios, coñeceremos parte da memoria construída de José Mogimes, lembraremos elementos etnográficos conservados e desaparecidos e falaremos de gamelas, mariñeiros, redeiras, costumes e tarefas relacionadas coa pesca.
O percorrido, de mínima dificultade e unha lonxitude total de 1,5 km., totalmente urbano, durará unhas tres horas aproximadamente.
Retallos da historia, etnografía e arquitectura de Panxón – Unha nova Xeira do IEM para este verán

O percorrido estará acompañado de dúas intérpretes en lingua de signos.

DATA- Martes 6 de agosto.

LUGAR– Nigrán.

HORA-18:00h

DURACIÓN APROXIMADA- 3h

LONXITUDE TOTAL DO PERCORRIDO- 1´5 Km.

PUNTO DE ENCONTRO – Templo Votivo do Mar.

https://goo.gl/maps/kzoxSKugdaXxjraD8

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies