spot_img
InicioVal MiñorGondomarA mostra "Rompe. Xoga en Igualdade" chega a Gondomar

A mostra “Rompe. Xoga en Igualdade” chega a Gondomar

A mostra "Rompe. Xoga en Igualdade" chega a GondomarA exposición protagonizada polas famosas bonecas “Barbie” poderá ser visitada no Centro Neural ata o vindeiro 18 de setembro

A mostra “Rompe. Xoga en Igualdade”, promovida pola Deputación de Pontevedra para denunciar a discriminación e desigualdade que sofren as mulleres, chega este luns ao Centro Neural de Gondomar. Ás 11:00 horas terá lugar a inauguración desta exposición que ten por obxectivo cambiar o mundo e golpear as conciencias ante as situacións de desigualdade e discriminación das mulleres. A mostra poderá ser visitada en Gondomar ata o vindeiro 18 de setembro, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas.

“Rompe. Xoga en Igualdade” é unha exposición itinerante, vangardista e rompedora, creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. As protagonistas son as famosas bonecas “Barbie”, que foron intervidas para denunciar, de forma impactante, a desigualdade entre homes e mulleres. Pretende “romper” e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades e do fin da discriminación contra o 52% da poboación.

As bonecas amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres dende nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación. A boneca seleccionada para a mostra foi a “Barbie” por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas dos nenos e nenas.

- Publicidade -spot_img