spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán confirma ante COGAMI a creación dun Plan Director de Accesibilidade Universal...

Nigrán confirma ante COGAMI a creación dun Plan Director de Accesibilidade Universal para o municipio

Nigrán confirma ante COGAMI a creación dun Plan Director de Accesibilidade Universal para o municipioAo mesmo tempo, e tamén dentro de ‘Un Nigrán para todos’, o Concello cederá un espazo do salón de Plenos á asociación para que un día a semana poidan realizar labores de intermediación laboral

O alcalde de Nigrán, Juan González, mantivo un encontro con Anxo Queiruga, presidente de COGAMI (Coordinadora Galega de Persoas con Discapacidade) no que se comprometeu a consignar no orzamento de 2020 a contratación dun plan director de accesibilidade universal que marque as directrices xerais que debe seguir a localidade neste eido e que sirva de referencia ao programa municipal ‘Un Nigrán para todos’.

Cun custe aproximado de 12.000 € , servirá de folla de ruta ou manual para que as futuras actuacións que se realicen dende o Concello faciliten de verdade a vida de tódolos veciños, con ou sen discapacidade. “É un plan que está pensado para todo o mundo, non é algo específico das persoas con discapacidade, é para a sociedade no seu conxunto porque do que se trata é de facilitar a súa autonomía e mellorar a calidade de vida no municipio”, explica o alcalde, Juan González.

Este plan de mellora da calidade de vida dos veciños contempla dende revitalizar a contorna urbana, a facilitar o tránsito de peóns, favorecer o deseño urbano para as persoas, crear espazos libres, suprimir as barreiras arquitectónicas e sensoriais…  Tras realizar unha análise da situación actual, o documento final especificará as intervencións e os lugares que teñen maior prioridade ou urxencia para ser transformados e o orzamento necesario para acomenter as obras.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.