Inicio Vigo e área Mos Doce empresas do Área de Vigo beneficiadas das axudas da Xunta a...

Doce empresas do Área de Vigo beneficiadas das axudas da Xunta a través do programa PEME

a-area-industrial-de-porto-do-molle-segue-sumando-novas-empresas-e-postos-de-traballoA segunda convocatoria deste programa conta cun apoio público total de máis de 2,75 millóns de euros, co obxectivo de financiar a mellora de plans de innovación

A Xunta de Galicia vén de resolver a convocatoria da segunda edición do programa Innova Peme, pola que se adxudican as axudas para a mellora da capacidade innovadora das pemes galegas, co-financiadas a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Así o informou a delegada territorial, Corina Porro, quen salientou que son 12 as empresas da área territorial de Vigo que saíron beneficiadas.

A delegada da Xunta en Vigo, Corina Porro, destaca que con esta liña de axudas vense beneficiadas 8 pemes de Vigo, 3 de Nigrán e unha de Mos, o que supón un terzo do total con 867.064 euros

Así, a representante autonómica en Vigo destacou que das 37 pemes galegas que recibirán o apoio da Administración autonómica, un terzo son da área territorial. Concretamente 8 de Vigo, 3 de Nigrán e 1 de Mos que percibirán en conxunto 867.064 euros para a mellora dos seus plans de innovación.

No conxunto de Galicia, ao abeiro desta segunda convocatoria, apoiarase a 37 pemes galegas, cunha axuda pública que supera os 2,75 millóns de euros e que permitirá unha mobilización total de máis de 5,5 millóns de euros. O obxectivo desta liña de axudas é desenvolver ou incrementar a capacidade innovadora daquelas empresas que xa teñen ou comezan a ter un desempeño innovador, pero que precisan apoio para sistematizalo, potencialo ou desenvolvelo e, deste xeito, lanzar novos produtos e servizos ou mellorar os seus procesos.

Perfil das empresas beneficiarias

Respecto da edición anterior, aumentou a porcentaxe de micro-empresas dun 33% a un 54%, ao introducir entre os criterios de valoración características relativas ao perfil da entidade solicitante, contribuíndo así a acadar o obxectivo de achegar a innovación ás empresas de menor tamaño. O resto das empresas beneficiarias son pemes (32%) e medianas (14%). Tamén se ampliou a duración media dos plans de innovación, de 14 a 18 meses, co obxectivo de aumentar a efectividade dos mesmos, e a contía media da axuda por empresa beneficiaria é de 74.000 euros.

En canto á distribución por sectores de actividade, destaca a elevada participación de empresas do sector TIC (27%), enxeñería (19%) e agroalimentario (13,5%), que agrupan entre os tres o 60% das empresas beneficiarias.

Cómpre destacar tamén que no 86% dos plans concedidos, as empresas beneficiarias colaborarán efectivamente con algún organismo de investigación público ou privado ou empresa provedora de Tecnoloxías Facilitadoras Esenciais, polo que esta convocatoria reforza a cohesión do ecosistema innovador galego. Ademais, os plans subvencionados reforzan a aposta da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola xeración de emprego de calidade arredor da innovación, xa que levan asociada a creación ou mantemento de 47 postos de traballo, máis da metade de carácter indefinido, e algo máis dun terzo serán ocupados por mulleres ou persoas discapacitadas.

Por último, máis da metade das empresas beneficiarias non tiña recibido nunca unha axuda da Axencia Galega de Innovación (Gain), polo que este subsidio representa, para moitas delas, o primeiro chanzo de cara a consolidarse no futuro como empresas innovadoras en Galicia.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies