Inicio Pontevedra Doce rutas turísticas para espertar a "Fame de Expariencias" dos visitantes da...

Doce rutas turísticas para espertar a “Fame de Expariencias” dos visitantes da provincia de Pontevedra

Doce rutas turísticas para espertar a "Fame de Expariencias" dos visitantes da provincia de PontevedraA información sobre os itinerarios, dispoñible na web de Turismo Rías Baixas, busca facilitar aos e ás turistas todos os datos sobre os distintos recursos da ducia de destinos propostos

A Deputación de Pontevedra promociona a través da páxina web de Turismo Rías Baixas as doce rutas turísticas que pretenden espertar a “Fame de Experiencias” dos visitantes na provincia pontevedresa a través das singularidades das distintas comarcas. Estes itinerarios, que se poden facer durante todo o ano, buscan facilitar aos turistas a información sobre os distintos recursos dispoñibles nos destinos propostos, presentada na web dun xeito organizado e cómodo para que poidan preparar de forma máis sinxela as súas viaxes.

Máis polo miúdo, a ducia das rutas turísticas suxeridas fan un completo repaso destes destinos únicos, poñendo énfase na súa oferta de museos e gastronomía. Así, conteñen información sobre museos, centros de interpretación, xacementos arqueolóxicos, elementos patrimoniais, amais dos lugares de interese paisaxístico, produtos e eventos gastronómicos e establecementos de restauración e aloxamentos de cada un dos destinos. Vigo figura en tres destas rutas, Pontevedra en dúas, ao igual que Deza e Baixo Miño, e as zonas do Morrazo, Caldas, O Salnés, Tabeirós-Terra de Montes e O Condado nunha.

Os itinerarios afondan nas singularidades de cada comarca e así, o de Paradanta leva por título “Viño e Lamprea”, mentres que no caso do Condado a ruta destaca esta zona como “Terra de Fronteiras, Auga e Historia” e a do Baixo Miño como “O sagrado na natureza e o control da paisaxe”. As outras rutas son “Puro Atlántico”, sobre Baixo Miño e Vigo; “Arte e cidade” (Vigo); “Un mar de historias” (Vigo); “Entre o mar e a terra” (O Morrazo); “Un tesouro artístico” (Pontevedra); “Do mar e do viño” (O Salnés); “Entre ríos e mananciais” (Caldas); “O campo, un mundo de riquezas” (Tabeirós-Terra de Montes e Pontevedra) e “Terras do Interior” (Deza).

A posta en marcha destas rutas (ás que se pode acceder desde a pestana “Descubre” da web Turismo Rías Baixas) e que se enmarcan na campaña “Fame de Experiencias”, supón un paso máis na aposta da Deputación de Pontevedra pola desestacionalización e internacionalización do turismo na provincia, xa que poden ser desfrutadas ao longo do ano, pola súa riqueza e variedade cultural, natural e gastronómica. Os itinerarios divulgaranse tamén a través de folletos que se porán a disposición dos visitantes e que recollen a información dun xeito máis esquematizado.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies