Inicio Baixo Miño A Guarda Nava Castro pronuncia o pregón das Festas do Monte en homenaxe ao...

Nava Castro pronuncia o pregón das Festas do Monte en homenaxe ao espírito mariñeiro e a pegada histórica da Guarda

Nava Castro pronuncia o pregón das Festas do Monte en homenaxe ao espírito mariñeiro e a pegada histórica da GuardaA directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, pronunciou o pregón das Festas do Monte da Guarda nun acto no que puxo de manifesto a importancia desta celebración no modelo turístico de Galicia por conseguir deixar un rico legado que permite que esta festividade se teña celebrado desde o século pasado “con ilusión, hospitalidade e poñendo en valor os nosos recursos”, indicou.

Neste sentido, Nava Castro recordou o papel da Sociedade Pro-Monte Santa Tegra na posta en marcha desta festividade permitindo que o que comezou sendo unha celebración relixiosa e familiar se teña convertido nun dos festexos máis populares e de gran difusión desta comarca do Baixo Miño. Nava Castro dedicou tamén as súas palabras ás ducias de mariñeiros que durante estes anos veñen mantendo a tradición durante o Domingo do Monte de xurar con viño prometendo que volverán ao ano próximo “exemplificando ese sentimento tan propio e tan característico da Galicia mariñeira”, indicou.

A directora de Turismo de Galicia tamén recordou o potencial turístico deste concello pontevedrés, destacando especialmente o Monte de Santa Tegra, a súa estratéxica situación xeográfica na desembocadura do Miño, os seus miradoiros naturais, a súa proximidade a Portugal e a súa pegada xacobea como parte do itinerario do Camiño Portugués da Costa. Ademais, salientou a singularidade deste destino co traballo das redeiras e tamén desde o punto de vista gastronómico coa lamprea, sendo un dos concellos integrados na Ruta da Lamprea e onde destacan recursos etnográficos como as gamelas.

As Festas do Monte da Guarda celebraranse durante esta semana neste concello pontevedrés con diferentes actividades culturais, musicais e gastronómicas. É unha das máis de 120 festas de Interese Turístico de Galicia coas que conta a Comunidade e este ano conmemora o seu décimo aniversario con este recoñecemento.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies