Inicio Pontevedra Arousa Medio Ambiente promove en Sálvora o primeiro hotel de insectos do Parque...

Medio Ambiente promove en Sálvora o primeiro hotel de insectos do Parque Nacional co fin de preservar os seus ecosistemas

Medio Ambiente promove en Sálvora o primeiro hotel de insectos do Parque Nacional co fin de preservar os seus ecosistemasO Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia xa conta co seu primeiro hotel de insectos, unha iniciativa novidosa de sensibilización ambiental que pretende facilitar un habitáculo e lugar de cría e hibernación para este tipo de organismos.

O hotel foi inaugurado oficialmente en Sálvora pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, quen explicou que a intención é estender este proxecto ao resto do parque, de tal forma que cada arquipélago poida contar a medio prazo cunha instalación deste tipo.

A iniciativa, como explicou a responsable autonómica de Medio Ambiente, foi promovida polo Parque Nacional das Illas Atlánticas en colaboración coa asociación Amicos, unha entidade de referencia na comarca do Barbanza polo seu traballo a prol da integración das persoas con discapacidade e que foi a encargada de construír catro hoteis de insectos. En canto ás estruturas, están feitas a partir de materiais naturais propios da illa (como piñas ou restos de madeira), ladrillos perforados, así como refugallos e anacos de antigas tellas que os voluntarios de Amicos reciclaron para darlles unha nova utilidade.

A instalación deste tipo de hotel servirá para darlle acubillo aos insectos presentes en Sálvora, como as abellas silvestres, as avespas escavadoras, as tixeretas e outros insectos raros e vulnerables propios desta illa, que terán deste xeito un lugar adaptado para preservar a súa existencia e a dos seus ecosistemas.

Pero ademais estes habitáculos tamén cumprirán un importante labor de educación ambiental, xa que como expuxo a conselleira, axudarán a divulgar e dar a coñecer a importancia que teñen este tipo de organismos para garantir a conservación da biodiversidade do parque nacional, como pezas claves e esenciais á hora de manter o equilibrio ecolóxico deste espazo.

Para poder acadar este dobre obxectivo, Ángeles Vázquez explicou que estas construcións se localizarán en puntos soleados e protexidos da illa, buscando a calor necesaria para as crías dos insectos pero tamén resgardadas do vento e da chuvia; que estean preto de áreas con plantas silvestres e arbustos para garantirlles un fácil acceso a alimentos; e con boas condicións para favorecer a súa nidificación.

Colaboración con Amicos

A conselleira tamén aproveitou a presentación do primeiro hotel de insectos do Parque Nacional para facer un percorrido por Sálvora e coñecer o resultado dos 150.000 euros mobilizados recentemente polo seu departamento en distintos investimentos nesta illa. Concretamente, referiuse á reparación e mantemento de dous hórreos, á restauración da fonte de Santa Catalina ou aos traballos para a eliminación de especies invasoras e desbroce de camiños que está a realizar Amicos.

Neste sentido, lembrou que o Parque Nacional e a entidade social do Barbanza levan colaborando en diferentes iniciativas relacionadas con este espazo natural desde hai máis dunha década, sempre co denominador común da conservación do patrimonio natural e cultural das illas. Un traballo que a conselleira puxo en valor e co que espera poder contar nos próximos anos.

Nova Lei de Patrimonio Natural

Por outra banda, a titular de Medio Ambiente aproveitou a visita para referirse á aprobación a semana pasada no Parlamento da Lei de Patrimonio Natural de Galicia, un texto que substituirá a unha norma con 18 anos de vixencia e que previsiblemente entrará en vigor a finais deste verán.

Neste sentido, Vázquez Mejuto lembrou que entre os obxectivos prioritarios desta normativa figura a aposta pola educación e a sensibilización ambiental, un dos fins precisamente da iniciativa de hoteis para insectos que foi presentada esta mañá na illa de Sálvora.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies