spot_img
InicioO MorrazoBueuUnha exposición recolle a historia de Bueu como vila mariñeira

Unha exposición recolle a historia de Bueu como vila mariñeira

Unha exposición recolle a historia de Bueu como vila mariñeiraA mostra instalada no Museo Massó repasa o impacto da actividade pesqueira e da industria conserveira nesta vila pontevedresa.

A exposición remóntase aos primeiros séculos da nosa era, cando Bueu desenvolveu un centro industrial e portuario vinculado coa transformación do peixe e a produción e comercialización de ánforas. A exposición amosa como tras a caída do Imperio Romano a poboación da vila abandonou a franxa costeira ata a recuperación plena da actividade pesqueira e industrial no século XIX.

De feito, a mostra recolle o papel da empresa creada pola familia Massó como unha das responsables de que Bueu volvese a ocupar no século XX un posto relevante no sector conserveiro, favorecendo o desenvolvemento da vila.

Anxo M. Lorenzo asiste á inauguración da exposición ‘Crecer co Mar’

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu á inauguración da exposición Crecer co Mar. O responsable de Políticas Culturais da Xunta subliñou que a exposición “recolle á perfección” o impacto da actividade pesqueira e da industria conserveira na configuración histórica do municipio, centrándose no desenvolvemento experimentado pola vila a finais do século XIX e a principios do século XX.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.