spot_img
InicioO MorrazoBueuO Concello de Bueu organiza o 3 e 4 de maio as...

O Concello de Bueu organiza o 3 e 4 de maio as “Xornadas de abertas de alfombrismo do Corpus 2024”

o-concello-de-bueu-organiza-o-3-e-4-de-maio-as-xornadas-de-abertas-de-alfombrismo-do-corpus-2024As xornadas están abertas a toda a cidadanía, cativada e maiores, e terán lugar na Praza Massó o venres e o sábado pola tarde

Revista Cousas de nº21

O Concello de Bueu organiza a fin de semana do 3 e 4 de maio as “Xornadas abertas de alfombrismo Corpus 2024”, unha iniciativa que xorde para explicar todo o proceso da arte floral, difundilo e animar á veciñanza a elaborar tapices de cara á festa que se celebrará o 2 de xuño.

Coa participación e a colaboración de alfombristas da vila, a Praza Massó ateigarase de flores xa dende o venres, 3 de maio, cando a partir das 17 horas se realizarán obradoiros de preparación do material, polo que as persoas que se acheguen poderán ver e participar da recollida, a elaboración de plantillas, o tamizado e a tintura. Xa o sábado, tamén á mesma hora, procederase a elaborar as alfombras.

Estas Xornadas organízanse co obxectivo de fomentar a participación na Festa das Alfombras Florais do Corpus e para dar a coñecer as axudas por participación nas que a concellaría de cultura leva meses traballando xunto aos colectivos de alfombristas da vila.

A festa das alfombras, que este ano se celebra o 2 de xuño, conta con máis dun cento de anos de antigüidade, e foi declarada como de Interese Local no ano 2002 e desde o 2017, conta co distintivo de Festa de Interese Turístico Galego pola Axencia Galega de Turismo.

As axudas por participación

As axudas por participación, que se aprobarán nas próximas semanas, nacen co obxectivo de fomentar a elaboración de tapices florais co fin de reforzar a ambientación das rúas e revitalizar esta tradición cunha historia que se remonta ao século XVII. Estas axudas de participación, para as que se destina un crédito de 9.000 €, dividiranse en dúas liñas: 4.500 € repartiranse en contías económicas por participar e elaborar alfombras de tamaños 3 x 5 metros, 3 x 10 metros e 3 x 15 metros. A outra parte, do mesmo importe, destinarase a bonos comercio que se entregarán ás persoas participantes e coas que se reforzará o comercio de proximidade.

Estas axudas diríxense a aquelas persoas ou colectivos que realicen as alfombras dentro do percorrido marcado para a festividade de 1,4 quilómetros, e que abrangue as rúas de Pazos Fontenla, Eduardo Vincenti, Montero Ríos, e Francisco Escáneo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.