spot_img
InicioVal MiñorNigránO Concello de Nigrán celebra a II Gala Carlos Casares: no camiño...

O Concello de Nigrán celebra a II Gala Carlos Casares: no camiño das artes

o-concello-de-nigran-celebra-a-ii-gala-carlos-casares-no-camino-das-artesO próximo sábado día 27 de abril,  serán entregados os premios do II Certame de Relato Curto para escolares de Nigrán, convocado en febreiro pasado. A Gala será presentada por Marina Sánchez Soto e actuarán artistas como Xérmola, cantos e contos; Almadanza, Dúo Carrera; Xosé Poldras ou a Banda Xuvenil da Escola da Agrupación de Vincios.

Revista Cousas de nº21

O Concello de Nigrán e a Fundación Carlos Casares colaboraron un ano máis para homenaxear, potenciar e dar a coñecer a figura e a obra de Carlos Casares entre a mocidade de Nigrán a través dun concurso literario. Así foi como en febreiro convocaron o II Certame de Relato Curto para escolares de Nigrán baixo o lema ‘As laranxas que medraban en Nigrán’, en referencia á famosa obra do escritor e veciño de Nigrán, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas; e mais a II Gala Carlos Casares: no camiño das artes, durante a cal serán entregados os premios aos gañadores e gañadoras.

A Gala terá lugar o sábado 27 de abril no Auditorio Municipal dende as 18:00 horas, e será presentada por Marina Sánchez-Canal Cultura. Nela haberá música, danza, contos e moitas cousas máis, a cargo de artistas como Xérmola, cantos e contos; Almadanza, Dúo Carrera; Xosé Poldras ou a Banda Xuvenil da Escola da Agrupación Vincios.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.