spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoAbel Losada, reivindica os libros como o “mellor refuxio” e “defensa contra...

Abel Losada, reivindica os libros como o “mellor refuxio” e “defensa contra a barbarie”

abel-losada-reivindica-os-libros-como-o-mellor-refuxio-e-defensa-contra-a-barbarieO subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, reivindicou os libros como o “mellor refuxio” e “defensa contra a barbarie” ante medio centenar de escolares do IES Ribeira do Louro, no Porriño. Fíxoo durante un encontro literario entre o alumando de 3º da ESO deste centro educativo e a escritora María Reimóndez, organizado co gallo Día Mundial do Libro.

Revista Cousas de nº21

A actividade, financiada ao abeiro do programa ′Encontros Literarios en IES′ do Ministerio de Cultura, estivo centrada na última obra da autora, Furia. No acto tamén estiveron presentes a directora do centro educativo, Juana Rosa Muñoz, e a inspectora de Educación, Rosalía Polo. A escritora dirixiu unha actividade a partir deste traballo que versa sobre o mundo do boxeo e que vén de publicar. Un título en galego e que, actualmente, está a traducir para a súa publicación en castelán.

O subdelegado subliñou que os libros e a lectura son “a mellor ferramenta para construir unha sociedade máis igualitaria e mellor, xa que permiten transformarnos e transformar a nosa contorna”. “Os libros son de quen os escribe, pero tamén de quen os lee”, recalcou.

Losada salientou tamén o papel das iniciativas de fomento da lectura promovidas polo Ministerio de Educación, “como o programa que fixo posible este acto e que está a permitir o encontro entre creadores e escolares en trece centros educativos da provincia”. Así mesmo, o subdelegado reivindicou o pulo e valor dos escritores e escritoras pontevedreses, e que “María Reimóndez exemplifica á perfección, non so pola súa prolífica carreira e extensa obra, senon polo seu compromiso coas mulleres, o feminismo e cun mundo máis xusto”.

Desde 1995 e ata hoxe, o 23 de abril celebrase o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor, unha proposta española aprobada pola UNESCO para fomentar a lectura, recoñecer as figuras dos autores e autoras e procurar o fortalecemento da industria editorial.

Actividades de fomento da lectura

O Ministerio de Cultura puxo en marcha no 2024 unha nova edición dos programas de actividades literarias en Institutos de Ensino Secundario de titularidade pública. A iniciativa ′Encontros Literarios en IES′ chegará a 13 centros educativos da provincia. Así mesmo, unha das vinte actividades organizadas ao abeiro do programa ‘Por qué ler aos clásicos’ recalou tamén na provincia. En total, estes programas, adscritos ao Plan de Fomento da Lectura 2021-2024, reunirán a 302 creadores en 404 actividades que se desenvolverán ata o 14 de xuño en todo o territorio español.

- Publicidade -spot_img