spot_img
InicioO MorrazoBueuAberto na Illa de Ons o primeiro Museo de Arqueoloxía para dar...

Aberto na Illa de Ons o primeiro Museo de Arqueoloxía para dar a coñecer os restos patrimoniais atopados na illa nos últimos anos

aberto-na-illa-de-ons-o-primeiro-museo-de-arqueoloxia-para-dar-a-conecer-os-restos-patrimoniais-atopados-na-illa-nos-ultimos-anosA Xunta de Galicia abriu hoxe ao público a nova sala de arqueoloxía do Centro de Interpretación de Ons, o primeiro museo dedicado a poñer en valor e divulgar os principais restos patrimoniais, arqueolóxicos e etnográficos atopados na illa no marco das escavación realizadas nos últimos anos.

Revista Cousas De Nº20

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, inaugurou a exposición esta mañá acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e do director conservador do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, José Antonio Fernández.

Durante a visita, a responsable autonómica salientou que grazas aos traballos arqueolóxicos impulsados polo seu departamento nos últimos anos e executados polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo, encabezado polo arqueólogo Adolfo Fernández, hoxe é posible “reconstruír” parte da historia do arquipélago e do modo de vida e costumes dos seus primeiros habitantes.

A través dos achados que se expoñen agora nesta exposición “gratuíta e permanente”, Ángeles Vázquez sinalou que hoxe sabemos que os antigos poboadores de Ons mantiveron relacións económico-comerciais con territorios máis afastados, que comían en vaixela fina elaborada no norte de África ou que a illa foi un importante complexo industrial romano de salgaduras de peixe e de elaboración de tintura púrpura.

De feito, lembrou que unha das primeiras accións realizouse na praia de Canexol, onde o equipo de arqueólogos ao cargo da escavación identificou un vertedoiro con cunchas de múrices, un molusco que se usaba antigamente para producir tintura de cor púrpura.

Trátase dun descubrimento de gran importancia xa que o de Ons é o primeiro taller deste produto documentado en toda a Península Ibérica, motivo polo que se decidiu denominar vía dos Múrices á ruta que percorre os principais puntos de interese arqueolóxico e arquitectónico existentes ao longo da illa.

A Xunta de Galicia abriu hoxe ao público a nova sala de arqueoloxía do Centro de Interpretación de Ons, o primeiro museo dedicado a poñer en valor e divulgar os principais restos patrimoniais, arqueolóxicos e etnográficos atopados na illa no marco das escavación realizadas nos últimos anos.
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, inaugurou a exposición esta mañá acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e do director conservador do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, José Antonio Fernández.
Durante a visita, a responsable autonómica salientou que grazas aos traballos arqueolóxicos impulsados polo seu departamento nos últimos anos e executados polo Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo, encabezado polo arqueólogo Adolfo Fernández, hoxe é posible “reconstruír” parte da historia do arquipélago e do modo de vida e costumes dos seus primeiros habitantes.
A través dos achados que se expoñen agora nesta exposición “gratuíta e permanente”, Ángeles Vázquez sinalou que hoxe sabemos que os antigos poboadores de Ons mantiveron relacións económico-comerciais con territorios máis afastados, que comían en vaixela fina elaborada no norte de África ou que a illa foi un importante complexo industrial romano de salgaduras de peixe e de elaboración de tintura púrpura.
De feito, lembrou que unha das primeiras accións realizouse na praia de Canexol, onde o equipo de arqueólogos ao cargo da escavación identificou un vertedoiro con cunchas de múrices, un molusco que se usaba antigamente para producir tintura de cor púrpura.
Trátase dun descubrimento de gran importancia xa que o de Ons é o primeiro taller deste produto documentado en toda a Península Ibérica, motivo polo que se decidiu denominar vía dos Múrices á ruta que percorre os principais puntos de interese arqueolóxico e arquitectónico existentes ao longo da illa.
Esta senda, que precisamente acaba de ser acondicionada pola Xunta coa colocación de novos paneis informativos e información en liña dispoñible a través de códigos QR, propón un percorrido de 5,5 quilómetros que permite coñecer o sartego da Laxe do Crego, unha sepultura escavada na rocha da época alto-medieval, a fábrica de salga romana de Canexol que producía salsas e peixe en salga, o castro do Castelo dos Mouros no que vivían na época romana as persoas que traballaban na fábrica ou as dúas baterías defensivas que protexían a entrada á ría de Pontevedra na Guerra da Independencia.
Neste sentido, a vicepresidenta segunda en funcións explicou que as persoas que visiten Ons estes días xa van poder atopar e coñecer os últimos avances sobre a investigación ao redor da antiga ocupación desta illa, tanto a través da ruta peonil dos Múrices como da visita á nova sala de arqueoloxía localizada no centro de interpretación.
En todo caso, considerou que aínda queda traballo por facer e cousas que descubrir sobre a historia de Ons, polo que anunciou que a partir do día 22 de abril se programarán novas escavacións do equipo de arqueólogos dirixido por Adolfo Fernández.
As actuacións executadas no centro de interpretación, tal e como explicou, supuxeron un investimento por parte da Xunta de preto 100.000 euros, e ademais de habilitar a nova sala de arqueoloxía onde todas as persoas que decidan achegarse ata a Illa poderán visitar, de forma gratuíta, a exposición permanente inaugurada esta mañá, tamén permitiron acometer unha serie de melloras e adaptacións no edificio.
En concreto, Ángeles Vázquez explicou que se repararon as ramplas e se habilitou unha nova porta de acceso desde o patio co fin de facer máis accesible o Centro de Interpretación de Ons, executáronse medidas para optimizar o aforro enerxético das instalacións, acometéronse arranxos nas fiestras e cristaleiras e mellorouse a sala de audiovisuais, ademais doutras obras no edificio.
Reservas para a Semana Santa
A nova sala de arqueoloxía de Ons está chamada a ser un reclamo máis para os visitantes que cada ano escollen esta illa para pasar as súas vacacións e tempo de lecer.
Neste sentido, Vázquez Mejuto indicou que para esta Semana Santa —un dos períodos de tempada alta previstos no Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional— a Xunta xa emitiu máis de 5.400 autorizacións para poder visitar Ons, Cíes, Sálvora e Cortegada, unha cifra que, segundo precisou, se incrementará previsiblemente nos vindeiros días.
Ao respecto, animou a todas as persoas que se acheguen ata o vindeiro luns a coñecer a illa de Ons a visitar o museo de arqueoloxía inaugurado hoxe e a percorrer a renovada vía dos Múrices, aproveitando algunha das visitas guiadas que a Xunta ofrecerá gratuitamente ao longo da Semana Santa. De feito, hoxe mesmo estaban programados os dous primeiros percorridos por esta ruta que, a modo de experiencia piloto, realizarán guías especializados para dar a coñecer os segredos arqueolóxicos de Ons.
Saúdos do Gabinete de Comunicación da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

- Publicidade -spot_img