Inicio Val Miñor Baiona Deporte Galego renova o seu apoio á Escola de Vela Adaptada do...

Deporte Galego renova o seu apoio á Escola de Vela Adaptada do MRCY de Baiona

Deporte Galego renova o seu apoio á Escola de Vela Adaptada do MRCY de BaionaO secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de asinar co presidente do Monte Real Club de Iates de Baiona (MRCYB) o contrato de patrocinio polo que a Xunta achega á entidade un total de 9.000 euros para a realización da Escola de Vela adaptada para persoas con discapacidade física e psíquica.

Segundo aseguraron secretario e presidente, “a accesibilidade debe de ser unha das prioridades da práctica deportiva”, por iso Xunta e MRCYB unen os seus esforzos para loitar por ese deporte “plural, diverso, sen xénero nin idade, para todos e para todas, enriquecedor da sociedade, transmisor de valores, formador, igualador e motor de cambio social”. “Para acadar este deporte temos que traballar día a día e unir as nosas forzas todas as administracións públicas, empresas galegas e a sociedade en xeral”, dixo o mandatario galego.

No seu relatorio, Lete Lasa lembrou que a Xunta de Galicia traballa “día a día para mellorar a calidade de vida das persoas con diversidade funcional” e salientou que desde a Secretaría Xeral “o faremos do mellor xeito que sabemos: garantindo á accesibilidade ao deporte”. Neste 2019, a Federación Galega de Deporte Adaptado recibe un total de 78.882,74 euros, o que representa un 26% máis que o destinado en 2018. Pola súa banda, o convenio asinado coa Real Federación Galega de Vela ascende neste 2019 un 42% ata os 312.000 euros, sendo a cuarta federación que máis orzamento recibe da Xunta.

-escola-de-vela-do-monte-real-clausurou-o-seu-terceiro-curso-de-vela-adaptada-destinado-a-persoas-con-todo-tipo-de-discapacidades

Escola de Vela adaptada

No seu relatorio sinalou ao MRCYB como un “socio inmellorable” para acadar estes obxectivos xa que a eliminación de gran parte das barreiras arquitectónicas do club e a adquisición de barcos adaptados permitiulle converterse, no 2014, no único club náutico español en recibir unha distinción especial da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) polo seu traballo de integración social.

A Escola de Vela adaptada do MRCYB ocupa todo o ano natural e leva realizándose de xeito ininterrompido desde 2012 sendo a única entidade que realiza un programa destas características en todo o norte de España. Os usuarios beneficiados son 160 habituais e outros 160 de modo temporal que poden realizar a actividade física en dous tipos de barcos. Por unha banda, cruceiros Fígaro de nove metros e medio que son os barcos que se usan nas regatas de competición e que contan con oito tripulantes. Por outra banda, GOS 16 que son embarcacións específicas para persoas con mobilidade reducida e que contan con dous tripulantes por nave. Cómpre salientar a aposta do MRCYB pola inclusión xa que na trixésimo cuarta edición do Trofeo Príncipe Asturias de Vela competiu un barco da Escolacon tripulantes con discapacidade intelectual. Ademais, a entidade comezou este ano un novo proxecto cos alumnos do Centro de Educación Especial de Panxón. En total, o MRCYB colabora na Escola adaptada con oito entidades entre as que destacan ASEM Galicia e o Centro Juan María de Nigrán.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies