Inicio Galicia Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

Este conxunto, está situado no fermoso contorno dun bosque de carballos á beira do Sil, no chamado souto de Merilán e componse de mosteiro e igrexa.

O mosteiro foi un dos máis importantes da Ribeira Sacra durante a Idade Media, como o demostran os vestixios das vías de comunicación que se conservan. Os monxes dedicáronse ao cultivo do castiñeiro e da vide. A desamortización supuxo o abandono definitivo do lugar.

Descoñécese a data exacta da súa fundación, pero a súa existencia está documentada desde o século IX, cando pertencía á regra de san Frutuoso. No século X adoptou a de san Bieito, coa que gozou de gran esplendor ata o século XIV. Cos Reis Católicos, e debido á centralización monástica, Santa Cristina de Ribas de Sil perdeu importancia e converteuse en priorado de Santo Estevo, o que derivou nun cambio de usos e alteración da distribución orixinal das dependencias do mosteiro.

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de SilEn séculos posteriores ampliouse coa igrexa. No século XVI, construíuse un novo claustro e un remate para a torre da igrexa. A Desamortización de 1835 sumiuno nun tempo de abandono. Como resultado da fin das actividades monásticas, tanto Santa Cristina como Santo Estevo pasaron a utilizarse como vivendas particulares e incluso como cuadras e palleiros.

A igrexa é románica e a súa construción comezou no século XII. Durante o século XIII introducíronse elementos góticos, fundamentalmente arcos. A planta é de cruz latina, dividida en cinco espazos. Na súa estrutura pódese apreciar a elegancia e verticalidade propia das construcións da Orde do Císter.

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A fachada destaca pola súa entrada baixo tres arcos, apoiados en pares de columnas de capiteis decorados. Na parte superior inscríbese un rosetón románico de amplas dimensións. A alta torre, atalaia privilexiada sobre o curso do Sil, está rematada en forma de pirámide, algo pouco usual.

A igrexa, plenamente románica é do século XII, ten unha soa nave con tellado a dúas augas que se pecha mediante unha tripla cabeceira, co nivel do chan máis elevado e cuberta abovedada.

No interior, consérvanse pinturas ao fresco, un altar maior con motivos xeométricos, retablos barrocos e, sobre todo, unha imaxe de San Pedro realizada polo artista Juan de Angés a finais do século XVI. Nas paredes da sancristía pódense ver pintados os escudos da Orden de Calatrava e de Santo Estevo.

Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de SilO edificio orixinal do mosteiro, disposto en torno a un pequeno claustro, era de estilo Románico, seguindo as pautas estéticas da orde beneditina. Daquela construción hoxe só se conservan dúas alas. Un dos puntos no que nos fixaremos é a portada, similar á parte sur da Catedral de Ourense.

Destaca o sinxelo claustro reconstruido no século XVI. Este mosteiro foi sometido a unha reconstrucción, na última década do século XX, que rescatou do esquecemento este incomparable monumento.

Como testemuña do seu pasado monástico, poderemos ver os “armarium claustri”, uns pequenos espazos nos que se deixaban os libros lidos polos frades nos seus paseos. Trátase dunha obra austera, parca en ornamentación, pero de singular beleza pola harmonización cos bosques e a orografía do contorno no que se erixe.

COMO CHEGAR

Para chegar ao mosteiro debemos tomar a estrada que sae á beira da casa consistorial en Parada do Sil. Nun dez minutos, seguindo as indicacións, chegaremos a Santa Cristina de Ribas de Sil.

#RibeiraSacra

Mosteiro de Santa CristinaMosteiro de Santa CristinaMosteiro de Santa CristinaMosteiro de Santa CristinaMosteiro de Santa CristinaMosteiro de Santa Cristina-

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies