Inicio Pontevedra Louriña Salceda solicita un programa de emprego para atender a 100 persoas

Salceda solicita un programa de emprego para atender a 100 persoas

Salceda solicita un programa de emprego para atender a 100 persoasO Concello de Salceda de Caselas ven de solicitar unha subvención de 250.000 € á Xunta de Galicia para poñer en práctica un Programa Integrado de Emprego que beneficiaría a 100 persoas desempregadas do municipio.

O plan acollería persoas desempregadas de sectores diversos: discapacidade, risco de exclusión social, menores de 30 anos con baixa cualificación, maiores de 45 anos, mulleres, etc., presentando un obxectivo de inserción laboral dun mínimo do 40% das persoas participantes.

As persoas beneficiarias participarían nun mínimo de cinco accións individuais e tres accións de distinta natureza de xeito activo durante os 12 meses de duración do programa. Ademais da formación que se agrupa en catro itinerarios formativos: Administración e atención ao cliente, almacén, produción industrial e hostalería,  ademais prácticas en empresas da zona coas que o Concello establecerá convenios de colaboración para cumprir co compromiso de inserción marcado.

O Concello de Salceda conta cunhas instalacións idóneas para levar a cabo este tipo de programas no Centro de Desenvolvemento Local do Torrón, onde se establecería o programa e as técnicas que atenderían ás 100 persoas participantes. No caso de ser concedida esta iniciativa sumarase ás iniciativas municipais que nos próximos meses porá en marcha a concellería de emprego.

Verónica Tourón, alcaldesa accidental e responsable da área de emprego e formación: “esperamos que a Xunta atenda a nosa petición e poidamos poñer en marcha este programa necesario para as persoas demandantes de emprego do noso concello, xa que é un programa integral de formación, prácticas e inserción laboral”.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies