spot_img
InicioPontevedra e ÁreaMáis de 500 persoas participarán en Pontevedra no IV encontro pola inclusión

Máis de 500 persoas participarán en Pontevedra no IV encontro pola inclusión

Máis de 500 persoas participarán en Pontevedra no IV encontro pola inclusiónTodo está preparado para o IV Encontro Provincial pola Inclusión, que se desenvolverá este próximo luns 28 e o martes 29 coa asistencia de máis de 500 persoas que esgotaron todas as prazas.

Deste xeito, a primeira das xornadas terá lugar no Sexto Edificio do Museo Provincial e será de carácter técnico. A ela asistirán 242 persoas dos ámbitos relacionados coa inclusión e a integración social. A segunda será unha xornada de convivencia de corte lúdico-festivo. Conta con 250 inscritos e terá lugar no Centro Príncipe Felipe.

“Estamos moi satisfeitos co desenvolvemento deste proxecto que empezou hai catro anos, cando comezamos a gobernar na Deputación, porque ano a ano vai participando máis xente e de feito na presente edición as prazas están esgotadas”, sinalou Carmela Silva. Así, para a presidenta, isto significa que “hai interese por poñer en valor as necesidades das persoas con diversidade funcional”. Precisamente, visibilizar a estas persoas, darlles voz e poñer enriba da mesa as súas necesidades e demandas son algunhas das finalidades do encontro.

Para a Deputación de Pontevedra é indispensable traballar pola inclusión, sobre todo tendo en conta os datos. Na provincia hai preto de 85.000 persoas con algún tipo de diversidade funcional recoñecida, unhas cifras que ascenden a 225.000 en Galicia e máis de 3 millóns de persoas no conxunto de España. Pontevedra convértese, xa que logo, na provincia galega cunha maior porcentaxe de persoas con diversidade funcional, cun 9%. “Falamos de actuacións sobre milleiros e milleiros de persoas”, sentenciou Silva.

- Publicidade -spot_img