Inicio Baixo Miño O concerto do grupo Best Boy e os viños de catro adegas...

O concerto do grupo Best Boy e os viños de catro adegas pechan este domingo o programa “Música e viño no teu camiño”

O concerto do grupo Best Boy e os viños de catro adegas pechan este domingo o programa “Música e viño no teu camiño”O Concello de Tui acolle este domingo o evento que pecha o programa “Música e viño no teu camiño” promovido por Eu Rural e financiado por O teu xacobeo. 

A presentación desta actividade tivo lugar este mediodía na casa do concello de Tui a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, Sandra González, a presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, Sonsoles Vicente, concelleira de Cultura de Tui, e Ángel Sánchez, de Best Boy.

O evento comezará ás 18 h na praza de San Fernando onde se poderán degustar viños Quinta Couselo, Terras Gauda, Adega do Vimbio e Altos de Torona  e concerto de Best Boy ao prezo de 2€. E a banda tudense Best Boy, liderada por Ángel Sánchez e Lucas Fernández, actuará novamente na cidade.

Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui, manifestou que é un orgullo que este programa promovido por Eu Rural se peche en Tui, porta de entrada do Camiño Portugués a Galicia, e que amais o faga cun grupo tudense. Destacou o rexedor a importancia de actividades coma ésta que poñen en valor un ben inmaterial coma é o Camiño de Santiago.

Sandra González, a presidenta de Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, destacou o obxectivo do programa que é promocionar os produtos locais presentando ao tempo unha alternativa de ocio con música.  Destacou tamén a boa acollida que tivo “Música e Viño no teu camiño” na Guarda e en Redondela onde se celebraron xa eventos similares aos de Tui.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, convida a asistir e disfrutar deste evento este domingo na cidade.

Ángel Sánchez, destacou que para Best Boy é un pracer volver a tocar en Tui, nun concerto que para eles será moi especial ao ser un reencontro con amigos e público. Destacou tamén como a Cultura xoga un papel moi importante na potenciación do turismo e do desenvolvemento.

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies