Inicio Pontevedra Arousa Luz verde para a musealización dos castros de Alobre, A Subidá e...

Luz verde para a musealización dos castros de Alobre, A Subidá e Toiriz

Luz verde para a musealización dos castros de Alobre, A Subidá e ToirizFomento vén de sacar a adxudicación dos proxectos para os xacementos de Vilagarcía, Marín e Silleda, integrados no protocolo coa Deputación. As obras comezarán a finais de xuño e terán un prazo de execución de catro meses

A restauración e musealización dos tres primeiros castros galaico-romanos, integrados no protocolo da Deputación de Pontevedra co Ministerio de Fomento, xa é unha realidade tras a adxudicación dos proxectos do primeiro lote correspondentes aos xacementos de Toiriz (Silleda), A Subidá (Marín) e Alobre (Vilagarcía). A empresa “Patrimonio Inteligente”, de ampla traxectoria en restauración do patrimonio arqueolóxico, gañou a adxudicación dos tres proxectos, cun importe de 519.864,11 euros, e serán os concellos os que teñan agora que axilizar a tramitación das licenzas de obras. En calquera caso, a data estimada polo Ministerio para o inicio dos traballos sitúase a finais do próximo mes de xuño e terán un prazo de execución de catro meses.

A presidenta Carmela Silva mostrou a súa satisfacción. “Estamos de noraboa, é unha grande noticia. Estas adxudicacións van permitir a xeración de actividade económica e emprego, amais de cumprimentar o obxectivo de posta en valor do noso patrimonio e o desenvolvemento do noso modelo turístico centrado nun destino cultural”

En grandes liñas, as obras comezarán con labores previas, pavimentación, dotación de mobiliario e sinalización, tratamento da paisaxe e melloras dos accesos. Amais, en todos eles se situarán paneis que incluirán unha liña temporal co seu encadre cronolóxico, información xeográfica e sociocultural, datos da contorna da escavación e trazas na paisaxe. A tipoloxía dos soportes e á súa distribución non supón unha carga visual para os xacementos, ao contrario, facilitan unhas visitas nas que se integran os xacementos coas súas contornas. Amais, a versatilidade dos soportes e á súa teórica sostenibilidade, facilitan que si nun futuro as áreas visitables se amplían a información poderá ampliarse e modificarse.

Castro Alobre (Vilagarcía)

As persoas que unha vez rematadas as obras visiten o xacemento de Castro Alobre en Vilagarcía, poderán realizar un percorrido sinalizado con “picas” e espazos vexetais recuperados e a musealización irase explicando mediante diversos soportes (paneis con textos, soportes QR para descarga de audios ou pavimentos de diferente tonalidade) a cronoloxía do xacemento e todas ás súas fases, a importancia do seu emprazamento (punto estratéxico, proximidade ao mar, orografía, etc.).

Os Castros, escepcionais miradoiros en paisaxes de lenda
Castro Alobre – Vilagarcía de Arousa

Toiriz (Silleda)

O proxecto que se vai a executar en Toiriz, en Silleda, incidirá en elementos, como os resultados da intervención non invasiva que aportaron datos sobre a existencia de estruturas de habitación/cabanas. Tamén no seu bo estado de conservación que fixo que no seu momento se convertese nun parque urbano. Por último, no seu sistema defensivo aínda visible e perceptible facilmente. A visita comezará cunha introdución xenérica que estará emprazada nunha barreira nova que substituíra á actual (moi deteriorada), a partires de ai e con soportes sutís (“picas” con paneis) se realizará unha aproximación cronolóxica, explicaranse datos referentes á xeografía da contorna e cales son as dimensións do poboado e á súas características, prestando especial atención ás defensas do castro. Os códigos QR nos paneis facilitarán a visita. A intervención busca integrarse na paisaxe como un elemento máis desde o respecto máis absoluto polo territorio.

A Subidá (Marín)

O proxecto vai a executar un esquema de visita que garda a mesma estrutura que nos outros xacementos, gardando a coherencia de “ruta” que supón “Trazas de Pontevedra”. Neste caso partirase da zona de aparcamento cunha indicación xenérica sobre un panel con texto que dará os perceptivos datos da “Ruta” e dos xacemento galaico romanos da Provincia de Pontevedra. Os seguintes puntos de información distribuiranse no camiño de subida que será acondicionado. As “picas” elemento singular do proxecto iran informando da cronoloxía, o seu posicionamento xeográfico, o vencello con outros xacementos próximos ou un acercamento sociocultural do lugar e o período no que foi habitado. Xa no espazo onde se conservan as estruturas escavadas, varios paneis, e códigos QR nos informarán das cabanas que existen, dos datos que se coñecen do xacemento ou da existencia de varios petróglifos no propio castro. Tamén se executará un banco realizado en gabións que terá unha dobre finalidade, punto de contemplación da paisaxe e o territorio e punto de información xa que servirá de soporte expositivo. A versatilidade dos soportes empregados nesta musealización facilitarán que si nun futuro se amplía a información, ou se escavan máis estruturas, estes teñen posibilidade para albergar eses novos datos, ou desprazarse a outro punto de maior interese.

En canto ao estado de situación do resto dos xacementos enmarcados no protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o ministerio, Fomento segue á espera da avaliación e informe de Patrimonio da Xunta de Galicia para poder sacar a licitación o segundo lote de xacementos cuxos proxectos xa están redactados e rematados. Trátase dos castros da Lanzada en Sanxenxo, Penalba en Campo Lameiro, Mercado dos Mouros e Igrexa Vella en Valga, Adro Vello no Grove, Alto dos Cubos en Tui e Cruz do Castro en Cotobade. Finalmente, respecto ao terceiro e último lote, están en fase de redacción, xa moi avanzada, Taboadexa nas Neves, Troña en Ponteareas, Trega na Guarda, Facho en Cangas, Cabeciña en Oia e Castrolandín en Cuntis.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies