Inicio O Morrazo Bueu A Sección Escolas do FICBUEU abre o prazo para presentar obras ao...

A Sección Escolas do FICBUEU abre o prazo para presentar obras ao festival que se desenvolverá en setembro

A Sección Escolas do FICBUEU abre o prazo para presentar obras ao festival que se desenvolverá en setembroOs centros educativos teñen ata o 30 de xuño para presentar curtametraxes ao FICBUEU que este ano suma, ás tres categorías habituais para os distintos niveis formativos, un novo premio para traballos de escolas internacionais

Ata o 30 de xuño permanece aberto o prazo para presentar obras á Sección Escolas do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se desenvolverá do 11 ao 19 de setembro. As bases, dispoñibles na web do certame, establecen as tres categorías habituais e mais unha nova Sección Escolas Internacionais, dotada con 250 euros en material audiovisual. En canto á Sección Escolas Galegas, o premio será o mesmo para a mellor curta realizada en ciclos formativos e facultades, mentres que no caso do ensino secundario e mais da educación especial, infantil e primaria estará valorado en 150 euros.

Promover os novos valores do audiovisual e recoñecer o gran traballo realizado neste eido polos centros de ensino galegos son os obxectivos deste apartado do FICBUEU. Así, as obras gañadoras proxectaranse na Gala Escolas, que se celebrará o 19 de setembro dentro da 13ª edición do certame e que incluirá a entrega de premios aos centros educativos. A participación activa do alumnado en todas as fases de creación, o emprego dos distintos elementos da linguaxe audiovisual, as cualidades técnicas da obra acordes á idade do equipo e mais a orixinalidade e a creatividade das propostas presentadas serán as principais cuestións a ter en conta polo xurado, integrado por tres profesionais do eido cinematográfico e do ensino.

A temática das obras é libre e a duración máxima está fixada en trinta minutos. Os traballos deberán estar realizados nos cursos 2018/2019 ou 2019/2020 e poderanse inscribir a través do formulario pendurado na web do FICBUEU. Toda a actualidade do festival pódese seguir na páxina www.ficbueu.com e nas redes sociais.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies