spot_img
InicioGaliciaGalicia avoga por flexibilizar de forma gradual os controis fronterizos con Portugal...

Galicia avoga por flexibilizar de forma gradual os controis fronterizos con Portugal no Comité Europeo das Rexións

Flexibilizar de forma gradual os controis fronterizos con Portugal, foi un dous asuntos que tratou o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo na reunión virtual dos coordinadores políticos da comisión CIVEX do Comité Europeo das Rexións

A liberdade de movemento dos cidadáns dentro da UE foi outro dos puntos abordados nesta reunión, dado os países que conforman o chamado Espazo Schengen reintroduciron os controis fronteirizos como unha forma de conter a propagación do virus. A este respecto, Jesús Gamallo resaltou que estas medidas deben ser só temporais e proporcionadas, xa que a liberdade de circulación é unha pedra angular para a integración europea. É esencial para o funcionamento do mercado interior e a prosperidade das nosas rexións.

Os coordinadores políticos de CIVEX coincidiron na necesidade de que os controis nas fronteiras interiores deben comezar a levantarse de forma gradual e coordinada antes de que as restricións nas fronteiras exteriores poidan relaxarse, tal e como recolle a folla de roteiro conxunto europea sobre a supresión das medidas de contención. Precisamente, a Comisión Europea convidou o venres pasado aos Estados membros e asociados de Schengen, a prorrogar 30 días máis, ata o 15 de xuño, a restrición temporal das viaxes non esenciais de entrada e saída da UE, vixente desde o pasado 16 de marzo.

No caso da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, Jesús Gamallo avogou por “flexibilizar de forma gradual estes controis”, tendo en conta a particular permeabilidade da “Raia”, a incidencia sanitaria da pandemia nestas áreas de fronteira e a relevancia das Eurocidades na recuperación económica a curto e medio prazo.

Outros dos temas abordados nesta reunión foron a análise do papel desenvolvido pola UE na resposta a esta crise e como está a afectar á confianza dos cidadáns no proxecto da UE, os limites ao respecto ao Estado de dereito e a democracia no marco dos estados de emerxencia decretados polos diferentes gobernos, e a súa percepción pola cidadanía así como as posibles respostas ás actividades de desinformación de certos actores internacionais, en particular nunha situación de tanta trascendencia como é unha crise sanitaria. Entre as decisións adoptadas, destaca a celebración proximamente un debate virtual para analizar as tensións que se están producindo entre a xestión da crise, o exercicio das liberdades fundamentais e o impacto das chamadas fake news.

Outro dos temas tratados foi a necesidade de adaptar o deseño da conferencia sobre o Futuro de Europa (inicialmente proxectada para maio de 2020) para o outono deste mesmo ano, na medida en que a crise do COVID-19 o permita. A Comisión CIVEX analizou o impacto da crise e a importancia de potenciar a investigación científica e tecnolóxica para combater enfermidades así como de flexibilizar fondos para facer posible a recuperación económica dos países.

- Publicidade -spot_img