Inicio Val Miñor Nigrán Nigrán reabre o mercado de Patos con 20 postos agroalimentarios autorizados

Nigrán reabre o mercado de Patos con 20 postos agroalimentarios autorizados

Nigrán reabre o mercado de Patos con 20 postos agroalimentarios autorizadosO Concello de Nigrán reabre este sábado o mercado de Patos con 20 postos agroalimentarios autorizados

O Concello de Nigrán autoriza a reapertura do tradicional mercado ao aire libre de Patos para este sábado 16 de maio despois de dous meses pechados pola crise sanitaria do Covid-19.

 

Así, a feira arrancará con vinte postos agroalimentarios convintemente delimitados para que permitan gardar distancias de seguridade, tal e como se regula nesta Fase 1 de desconfinamento.

 

A apertura coincide co inicio este luns da popular feira de Sabarís en Baiona, polo que os principais mercados da comarca regresan a unha nova normalidade (o téxtil todavía non está permitido).

 

“Pouco a pouco iremos retomando a normalidade se seguimos mantendo as máximas medidas de prevención, temos unha cidadanía responsable e estou segura de que seguirá sendo así porque xa o amosaron amtes nos seus paseos ou coa apertura de comercios e terrazas”, explica o alcalde, Juan González.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies