Inicio Baixo Miño A Guarda O alcalde da Guarda solicita ao programa “El Hormiguero” que rectifique a...

O alcalde da Guarda solicita ao programa “El Hormiguero” que rectifique a súa descrición das Festas do Monte Santa Trega

O alcalde da Guarda solicita ao programa “El Hormiguero” que rectifique a súa descrición das Festas do Monte Santa TregaO alcalde da Guarda, Antonio Lomba, ven de remitir unha carta á dirección do programa “El Hormiguero” de Antena 3 despois do malestar e disconformidade postos de manifesto na emisión do pasado martes día 12 de maio de 2020, onde o colaborador habitual do programa “Marron”, fixo unas declaracións sobre as Festas do Monte Santa Trega que en nada exemplifican a esencia das festas, identificando erroneamente as arraigadas tradicións das mesmas.

Dende o consistorio se entende e defende a liberdade de expresión, pero non é certo que a explicación de Marron en antena represente á festa máis importante da vila da Guarda e da comarca, unha festa centenaria que está declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia, e non precisamente polo que “Marron” destacou coma tradicións.

VÍDEO DO PROGRAMA 👇 👇

Así describe Marron a romaría ao Monte de Santa Trega

Tal e como manifestou o edil, as Festas do Monte Santa Trega son unha romaría popular que se celebra dende fai 108 anos, dende que “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla” organizara a primeira merenda na cima do Monte Santa Trega e, aínda que nas súas primeiras edicións tiñan só un carácter familiar e relixioso, pronto gañaron unha gran popularidade na comarca do Baixo Miño e resto de Galicia, inclusive nestes intres, a nivel Nacional.

Antonio Lomba quixo destacar na misiva que, o carácter desta Festa, ao son da percusión das 20 Bandas Mariñeiras, das cales a mais veterana ten xa 53 anos, é familiar e fraternal. Na cima do Monte Santa Trega (Declarado Monumento Histórico Artístico Nacional e Ben de Interese Cultural no ano 1931), veciños, familiares e coñecidos, reivindican o seu pasado castrexo e orgullo guardés de nacemento ou adopción. Así, estas festas son compartidas por todos os asistentes, dende os nonatos (que senten o sons e a percusión nas barrigas das súas nais) ata os centenarios. “É a festa de tod@s”, indicou Lomba.

Tal e como todo o pobo da Guarda coñece, a celebración comeza á primeira hora da mañá coa Subida ao Monte, cada un coa súa banda ou o seu grupo de amigos e familiares, coa alegría de todos os romeiros, tocando bombos, caixas e gaitas o “toque” representativo de cada banda ao son da música tradicional. Celebrase despois un “xantar popular” onde as familias guardesas comparten marisco, empanada, rosca de xema e demais viandas típicas da nosa gastronomía. Durante a tarde, os romeiros tocan e danzan incansablemente e se procede á “Xura” coa que se promete e pide volver o ano seguinte e onde se ten un recordo para os que xa non están. É certo que dita xura realízase con garrafóns de viño tinto, pero se fai de maneira organizada e controlada por cada banda e convidando aos foráneos a participar tamén nela.

Xa á tardiña os romeiros baixan de novo cara á vila, despois de pasar un día que é a nosa sinal de identidade e á que se aferran cada ano todos os guardeses para poder volver a repetir ao seguinte ano. Moitos Baixomiñotos que están fora, regresan á localidade para celebrala.

O alcalde da Guarda insistiu en que non se pode permitir que se fale das Festas do Monte Santa Trega coas palabras que falou “Marron” e por iso solicitase dende o consistorio local que se faga unha corrección de carácter público, xa que, coa súa descrición, poido crearse unha imaxe que non é a que corresponde ao carácter destas Festas, e que está a causar un malestar enorme na comunidade guardesa.

As Festas do Monte Santa Trega son un símbolo da tradición e do Patrimonio Inmaterial das xentes da Comarca do Baixo Miño, e tamén un sentimento de fraternidade profundo que se leva por dentro, esa é a verdadeira simboloxía das Festas do Monte e así quere o pobo da Guarda que continúe a ser.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies