spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Concello da Guarda establece un plan de actuación para retomar...

O Concello da Guarda establece un plan de actuación para retomar a atención presencial dos servizos municipais no contexto do covid 19

O Concello da Guarda establece un plan de actuación para retomar a atención presencial dos servizos municipais no contexto do covid 19O concello da Guarda primará o teletraballo nos servizos administrativos, a través da sede electrónica, vía telefónica e por correo electrónico. A atención presencial farase con cita previa para continuar mantendo a distancia social como medida de prevención

Este martes, 12 de maio, reuníronse no salón de plenos do concello da Guarda a Mesa de  Negociación   para dar traslado dos traballos que se están realizando por parte do equipo de goberno dende o inicio do estado de alarma, o 14 de marzo, e tamén da elaboración de protocolos  previos á reapertura de determinados servizos. Esta semana procedeuse a atender, con cita previa, na Biblioteca Municipal,  no Punto Limpo, así como na Casa do Concello.

Nesta reunión, o alcalde, Antonio Lomba, trasladou aos membros do comité de empresa e aos  representantes dos sindicatos a elaboración dun protocolo de servizos administrativos, elaborado por funcionarios municipais, documento que se remitiu aos traballadores e que está aberto ás modificacións que sexan necesarias para adaptarse á situación cambiante que xera o coronavirus. Neste documento se establece como forma de traballo preferente o teletraballo, que foi a fórmula  que se adoptou dende o inicio de estado de alarma por parte dos servizos administrativos do concello,  facéndoo compatible co necesario traballo presencial, para atender as necesidades dos veciños da localidade,  a través de cita previa para evitar o risco de contaxio. Hai que sinalar que outros departamentos do concello, considerados esenciais, están  traballando de xeito presencial dende o inicio do estado de alarma, tales como servizos sociais, policía local, Ges, persoal de servizos de recollida de lixo, limpeza viaria e vías e obras.

Tamén se informou da elaboración dun protocolo  para a implantación  de medidas preventivas  nos diferentes edificios ou lugares onde se reinicia a actividade,  a este protocolo guía se irán incorporando, como anexos, protocolos específicos como o do albergue, biblioteca ou oficina de turismo, entre outros. Para esta adecuación o concello da Guarda ten  establecido unha liñas de actuación para posibilitar a distancia social de 2 metros.  Procedeuse a compra de mamparas,  determináronse  uns itinerarios de seguridade, reforzouse   a limpeza e desinfección  non inmobles e colocáronse dispensadores de hidroxel, entre outras medidas.

A resposta da cidadanía a este retorno  está sendo moi positiva,  facendo uso  maioritario da atención telefónica e con cita previa,  posibilitando que non se produzan acumulación de persoas, nin colas de espera e permitindo unha  atención adecuada  do servizo.

- Publicidade -spot_img