spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaJavier de la Gándara apadriña o 'volanteiro' que constrúe Piueiro para o...

Javier de la Gándara apadriña o ‘volanteiro’ que constrúe Piueiro para o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Javier de la Gándara apadriña o 'volanteiro' que constrúe Piueiro para o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
foto: De la Gándara, terceiro pola esquerda, con membros da asociaciço O Piueiro.

O volanteiro estrearase no Encontro organizado por Culturmar, Piueiro e o Instituto de Estudos Miñoranos do 11 ao 14 de xullo na Guarda.

O regatista Javier de la Gándara, quen fose patrón do “Galicia 93” que participou na Volta ao Mundo a Vela hai agora 25 anos, será o padriño do ‘ volanteiro’ que a asociación  Piueiro está a construír con motivo do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. O afamado navegante vigués, que xa visitou varias veces o estaleiro El Pasaje para supervisar a construción, aceptou ilusionado o ofrecemento da directiva de  Piueiro e lamentou non poder estar o día da exhibición, xa que coincide coa súa participación nunha regata fóra de Galicia. Con todo, da súa implicación no proxecto falan as visitas que realizou e realizará a esta localidade de Baixo Miño para ofrecer a súa experiencia e colaboración, que culminarán coa  proba de auga.

Piueiro ten xa moi avanzada a construción deste volanteiro, unha embarcación da que se teñen referencias desde o século  XVII, que viviu o seu momento de maior esplendor no   XIX  e  que desapareceu  a comezos do   XX polo xurdimento dos arrastreiros.

Javier de la Gándara apadriña o 'volanteiro' que constrúe Piueiro para o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

Na tarefa de revivir este barco leva involucrada a asociación que preside Joaquín  Cadilla varios meses, seguindo de preto cada un dos pasos que se dan no estaleiro. A embarcación, cuxo bautismo e proba de auga espérase para finais deste mes de xuño, terá a súa posta de longo no Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que se celebrará na Guarda do 11 ao 14 de xullo. Catro días de celebración cultural, organizados por  Culturmar,  Piueiro e o Instituto de  Estudos Miñoranos nos que non faltarán concertos, talleres, espectáculos de danza, bautismos de mar e unha infinidade de actividades centradas na divulgación do patrimonio mariñeiro de Galicia

A de Javier de la Gándara é unha nova e decisiva adhesión ao Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia, que organiza  Culturmar coa colaboración da asociación  Piueiro, o Instituto de Estudos Miñoranos e o Concello da Guarda, co patrocinio da Xunta de Galicia e o apoio da Deputación de Pontevedra.

Colaboradores de luxo para o volanteiro

A construción do volanteiro, seguindo fielmente os planos atopados no proceso de recuperación da memoria mariñeira da Guarda, contou cun amplo grupo de colaboradores entre os que destacan: Astilleros Armón, Abanca, Murimar Seguros, Grupo Botas, Cabomar, Copemar S.A., Espaderos del Atlántico, Carbopesca-Pescadores de Carboneras, Asociación de Armadores de Marín-Opromar, MTD (Marine Technology Development), Zodport-Salvamento Marítimo Profesional, Inxenia Desarrollos Tecnolóxicos, Aserport Consignatarios, Cadilla C.B., Torres y Gago Lda, Antonio Elías Rodríguez y las comunidades de montes de A Guarda, Salcidos y Camposancos.

Javier de la Gándara apadriña o 'volanteiro' que constrúe Piueiro para o Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

- Publicidade -spot_img