spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA sede da Misión Biolóxica acolle o acto de entrega dos premios...

A sede da Misión Biolóxica acolle o acto de entrega dos premios Sofía Novoa a seis traballos fin de grao e fin de master da UVigo

O Pazo de Gandarón acollerá a entrega dos III Premios Sofía Novoa Ortiz
Pazo de Gandarón-foto de Turismo Rias Baixas

Paula González, Laura Cao, Alba Vicente, María Dolores Fernández, Andrea López e Belén Calero son as gañadoras desta terceira edición

O Pazo de Gandarón, sede da Misión Biolóxica de Galicia, acollerá este mércores a partir das 19.00 horas a entrega dos terceiros Premios Sofía Novoa á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos fin de grao e máster da Universidade de Vigo. O evento será presentado pola escritora Ledicia Costas e servirá ademais para dar visibilidade á figura de Novoa Ortiz, unha muller esquecida pola historia que empregou a música como vehículo para o ensino. Deste xeito, a música do piano, instrumento que Novoa estudou, terá tamén un papel protagonista no desenvolvemento do acto.

Este ano recibirán os III Premios Sofía Novoa Ortiz  Paula González, Laura Cao, Alba Vicente, María Dolores Fernández, Andrea López e Belén Calero que centraron as súas investigacións nos estereotipos e roles tradicionais, na linguaxe sexista, na visión andocéntrica dos diccionarios, na perspectiva de xénero na educación, na análise de profesións e estudos feminizados e masculinizados na FP e nas desigualdades entre mulleres e homes no ámbito científico-tecnolóxico. Todas elas recollerán os galardóns da man da presidenta Carmela Silva e terán a oportunidade de explicar no Pazo de Gandarón a súa motivación para introducir a perspectiva de xénero nos seus TFG/TFM.A sede da Misión Biolóxica acolle o acto de entrega dos premios Sofía Novoa a seis traballos fin de grao e fin de master da UVigo

Máis polo miúdo, tres mulleres recibirán premios relativos á modalidade fin de grao. O primeiro premio, dotado de 1.000 euros, será para Paula González de Cambados pola súa obra “V. O segundo galardón, tamén con 1.000 euros, será recollido por Laura Cao Dóriga, de Viveiro, por “O rol da muller e a linguaxe sexista na tradución cara ao galego e ao español de The house on Mango Street”. Pola súa banda, o terceiro premio, de 600 euros, será para Alba Vicente, da Guarda, con “Análisis de la representación de la mujer en la vigesimotercera edición del diccionario de la lengua española (RAE y ASALE) y sus actualizaciones”.

No caso dos traballos fin de grao recibirá o primeiro premio, dotado con 1.000 euros, María Dolores Fernándes del Pozo, de Mos, por “Introdución da perspectiva de xénero na aula de inglés como lingua estranxeira: proposta de adaptación dunha unidade didáctica real para 1º de Bacharelato”. O segundo galardón , tamén con 1.000 euros, para Andrea López Pastoriza, de Moaña, por “Trazos de xénero na elección de estudos na familia profesional de Administración e Xestión”. Pola súa banda, o terceiro premio, de 600 euros, será para Belén Calero Blanco, de Vigo, por “Ciencia y género: una propuesta didáctica para trabajar en el aula”.

- Publicidade -spot_img