spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraA Deputación comeza coas obras de conservación e restauración do cruceiro das...

A Deputación comeza coas obras de conservación e restauración do cruceiro das Ruínas de San Domingos

a-deputacion-comeza-coas-obras-de-conservacion-e-restauracion-do-cruceiro-das-ruinas-de-san-domingosA Deputación de Pontevedra comezou este mesmo luns coas obras de conservación e restauración do cruceiro das Ruínas de San Domingos.

Revista Cousas de nº21

Trátase, tal e como recordou o vicepresidente provincial , Rafa Domínguez, “dun dos poucos cruceiros góticos existentes en Galicia, unha peza moi delicada cunha gran colonización biolóxica que, ademais do impacto estético, está a producir danos no material pétreo”. A actuación de limpeza e posta en valor do cruceiro, cunha tramitación lenta debido á implicación de varias administracións, está previsto que remate nunha semana.

As tarefas a realizar en San Domingos consistirán nunha mínima intervención para favorecer o mantemento e a conservación preventiva. Consistirán na limpeza en seco do cruceiro e na eliminación de depósitos de aves, plantes e briófitas. A colonización biolóxica eliminarase con tratamento específico e retirarase e rebaixarase a reconstrución de cemento no pedestal. Tamén se realizará un rebaixe do terreo sobre o que se asenta o pedestal do cruceiro para deixar as súas letras talladas á vista.

Na actualidade o cruceiro presenta sucidade superficial debido a partículas exóxenas como po ou terra e contaminantes atmosféricos, así como deposicións das aves que se pousan nel para descansar. Ademais, a alta humidade ten provocado o desenvolvemento de liques, briófitas e plantas superiores que están a danar a pedra e a provocar unha alteración cromática.

O cruceiro das Ruínas de San Domingos atópase no lateral norte do xardín perimetral. Consta de cruz, capital, varal e pedestal ou dado sendo a súa cruz de estilo gótico. Orixinalmente estaba situado a carón da Igrexa de San Bartolomeu “O Vello” pero, trala súa destrución, trasladouse ao actual emprazamento.

- Publicidade -spot_img