spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaRedondela inaugura a antiga escola republicana de Cedeira

Redondela inaugura a antiga escola republicana de Cedeira

redondela-inaugura-a-antiga-escola-republicana-de-cedeiraO antigo inmoble, ao carón da igrexa, recupera o seu uso social tras ser rehabilitada e acolle a sede da Asociación de Veciños San Bernardo de Cedeira.

Revista Cousas de nº21

O Concello de Redondela inaugurou onte domingo, coincidindo coa celebración do día da República, a vella escola republicana de Cedeira. O inmoble, situado a carón da igrexa da parroquia, foi rehabilitado e actualmente acolle a sede da Asociación de Veciños San Bernardo de Cedeira.

No acto oficial de inauguración celebrouse unha homenaxe aos veciños que no seu día acudiron á que fora escola durante a república, coa proxección dun vídeo no que participaron Juan Amoedo, José e Antonio Míguez, e Manuel Moreira, xa falecido. O inmoble acolle tamén fotografías antigas con imaxes do alumnado do centro e paneis informativos coa súa historia.

A alcaldesa, Digna Rivas, puxo en valor que a fora escola en tempos da República, hoxe siga a ser un edificio público que agora é a casa dos veciños e veciñas de Cedeira, co que recupera “o seu valor social e de servizo para a xente desta parroquia”. A rexedora agradeceu o traballo da asociación veciñal, encabezada por Carlos Covelo e Bautista na directiva, e tamén a colaboración dos veciños que se prestaron a participar na elaboración do documental sobre a escola. O grupo Asubíos de Porto-Cedeira que puxo a nota musical ao acto.

A reforma do vello edificio de pedra responde á demanda da Asociación de Veciños  “San Bernardo” que durante anos reclamou a restauración da antiga escola para convertela na súa sede e destinala a uso social. A recuperación do inmoble foi executada nunha primeira fase polos alumnos do obradoiro de emprego de albanelería e cantería durante o ano 2015 o que permitiu recuperar un edificio que estaba en estado ruinoso. Unha empresa privada foi a encargada de rematar os traballos co cambio do tellado, a colocación das fiestras e o acondicionamento do interior. Posteriormente foi necesaria unha última intervención para poder facelo habitable.

- Publicidade -spot_img