spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda“Fábulas da Montaña”, representación de monicreques no Centro Cultural da Guarda

“Fábulas da Montaña”, representación de monicreques no Centro Cultural da Guarda

fabulas-da-montana-representacion-de-monicreques-no-centro-cultural-da-guardaOs meses de abril e maio xiran en torno ao libro, a lectura e as Letras Galegas, así a programación Primavera entre Letras que comezou fai un par de semanas segue a traer ata a Guarda citas culturais que buscan a difusión das diferentes figuras literarias da nosa cultura. A cita desta semana será a obra de teatro infantil con monicreques “Fábulas da Montaña”, o sábado 20 de abril ás 18:00h. no Centro Cultural.

Revista Cousas de nº21

Unha bela proposta da compañía Larraitz Urruzola, na que recupera a única obra para a infancia que deixou escrita Concepción Arenal (pensadora, xurista e defensora dos dereitos da muller e as persoas desfavorecidas). Estas fábulas presentan grandes diferenzas con respecto a outras recompilacións populares naquela altura, escritas por homes (La Fontaine, Samaniego…) e debedoras das Fábulas de Esopo, mudando exóticos animais da selva africana (leóns, monos, camelos, elefantes, leopardos, tigres) por persoas e animais da montaña cántabra como osos, lobos, mastíns, cans palleiros e galos. Tamén muda os contidos clásicos e incorpora temáticas que van ser centrais en toda a súa produción intelectual posterior: a defensa dos desfavorecidos, a importancia da educación nos procesos de transformación da realidade e a necesidade da empatía coa dor e o sufrimento dos demais.

Todo isto será transmitido na representación deste sábado a través dunha coidada e orixinal posta en escena,  que caracteriza as producións de Urruzola e que as fan unha proposta axeitada para tódalas idades,  dende os 8 anos ata os 108.

A programación Primavera entre letras, continuará nas vindeiras semanas dando paso a celebración do Día do Libro e da IV Ruta do Libro – a partir do 23 de abril-  e a proposta Doña Emilia e Señora Carme, o día 27 de abril no Centro Cultural,  na que poderemos gozar cunha recompilación de contos e historias de Doña Emilia Pardo Bazán. Dando paso no mes de maio as actividades en torno ás Letras Galegas.

PRIMAVERA ENTRE LETRAS, próximas citas:

  • 20 de abril. – No Centro Cultural

Obra de teatro infantil “As Fábulas da Montaña”, sobre contos de Concepción Arenal

  • 23 abril.- Librerías da vila

 Día internacional do libro. Desconto do 10% nas librerías da vila

  • 23 abril- 25 maio. Librerías da vila

IV Ruta do Libro.      Polo gasto mínimo de 30€ en libros nas librerías da vila, recolle un agasallo na Biblioteca Municipal. Infórmate na túa librería.

  • 27 abril.- 20:30h. Centro Cultural

Doña Emilia e señora Carme: dúas señoras de conto. A cargo de Cris de Caldas

  • Do 6 ao 20 de maio. Casa dos Alonso

Exposición de obras de Castelao

  • 16 de Maio. IES A Sangriña

Festival das Letras

  • 19 de Maio. Praza do Reló

Festa das Letras

            Xornada festiva con actividades para crianzas, sesión vermout e peche cunha Sesión de cultura tradicional

ACTIVIDADE: Fábulas da Montaña, de Larraitz Urruzola

Mais información: Fábulas da montaña – Larraitz Urruzola Producións

LUGAR:  Centro Cultural

DATA: 20 abril ás 18:00h.

ORGANIZA:  Concello da Guarda

ACCESO: DE BALDE ata cubrir aforo.

- Publicidade -spot_img