spot_img
InicioBaixo MiñoO Kayak Tudense brilla en Verducido ao obter o terceiro posto na...

O Kayak Tudense brilla en Verducido ao obter o terceiro posto na II Copa de España Sprint

o-kayak-tudense-brilla-en-verducido-ao-obter-o-terceiro-posto-na-ii-copa-de-espana-sprintDurante esa fin de semana, o Complexo Deportivo David Cal en Verducido foi o epicentro do piragüismo nacional ao albergar a emocionante II Copa de España Sprint 2024 para as categorías júnior e sénior.

Revista Cousas de nº21

Tras 219 carreiras, o Kayak Tudense conseguiu unha destacada terceira posición na clasificación xeral por equipos. O primeiro lugar ocupouno o Piragüismo Aranjuez, seguido do Náutico de Sevilla en segundo lugar.

Entre os dez primeiros clasificados, ademais do equipo de Tui, destácanse tres equipos galegos: o Fluvial de Lugo en cuarto lugar, a Escola de Piragüismo de Pontevedra en sétimo lugar e o Club Ría de Betanzos en oitavo lugar.

Os deportistas galegos obtiveron un bo número de medallas. Na distancia de 500 metros, destacaron as vitorias individuais de Nicolás Braña do Piragüismo Poio no C1 da categoría xuvenil, Martín Jácome do E.P. Ciudad de Pontevedra en categoría sénior e Óscar Allegue do Náutico Firrete en K1 xuvenil. Na distancia de 200 metros, houbo dous ouros máis en categoría xuvenil: Raúl Fernández do As Torres Romaría Viquinga en C1 e Manuel Pousa do Club de Mar Ría de Aldán en K1. Antía Otero, xunto a Claudia Couto, impúxose na final de C2 sénior, mentres que Raúl Busto, facendo parella con Iker Rey, gañou a súa regata en xuvenís. Así mesmo, Pablo Graña e Pablo Álvarez destacáronse no C2 sénior.

As medallas continuaron co triunfo de Emily Fernández e Aida Fonseca do Fluvial de Lugo na final xuvenil, e Roi Rodríguez e Manuel Rivas terminaron en primeiro lugar na final de K2 sénior. A embarcación C4 do E.P. Ciudad de Pontevedra gañou na final feminina da distancia curta. As finais da distancia de 1000 metros tamén deixaron medallas para Galicia. A embarcación C4 do Náutico Pontecesures levou a vitoria en categoría xuvenil, mentres que, en sénior, a tripulación do Breogán do Grove foi a vencedora. Ademais, a parella do Kayak Tudense de Pedro Vázquez xunto a Matías Otero, venceu na final de K2 sénior.

Na modalidade de Paracanoe, Adrián Mosquera do Piragüismo Rías Baixas logrou a vitoria na categoría masculina sénior PV3, mentres que Araceli Menduiña gañou con autoridade en PK3.

- Publicidade -spot_img