spot_img
InicioCondado ParadantaA Asociación Cultural Quinta do Piñeiro presenta a XVI Sementeira e Música

A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro presenta a XVI Sementeira e Música

a-asociacion-cultural-quinta-do-pineiro-presenta-a-xvi-sementeira-e-musica

A música galega, o xogos populares e as labores do campo son peza fundamental dunha festa que cada ano atrae a máis público da nosa comunidade.

Revista Cousas de nº21

A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro presentou este xoves no Pazo As Barreiras a que será a decimosexta edición da Sementeira e Música que se celebrará o 11 e 12 de maio na Área Recreativa Muíño da Ponte en Corzáns.

No acto que contou coa presenza do deputado de Cultura Jorge Cubela, a alcaldesa de Salvaterra de Miño Marta Valcárcel, integrantes do grupo O Caimán do Río Tea e membros da asociación anunciaron o programa da nova edición, as novidades e resaltouse a importancia dunha festa que promove a tradición e música galega.

Este ano como en anteriores a festa desenvolverase en dous días nos que non faltará o tradicional desfile de tractores, o mercado de agrícolas e artesáns ademais das Olimpiadas agrícolas que xa son unha das actividades máis aclamadas entre o público.

Outro dos anuncios máis esperado é o da persoa que será a encargada de dar lectura ó pregón que este ano recae no actor galego David Perdomo, que poderemos escoitar o domingo ás 14:00 horas.


As actuacións musicais son parte fundamental do festival que ven encabezado por Mondra, Familia Caamagno, Son das Tabernas, O Caimán do Río Tea, Storrentos, Sun Iou, De Ninghures, Festicultores, Pédëpôtè, La Duendeneta, As Lucernas e Naiama. Precisamente este ano unha das novidades é a banda sonora da festa que presentaron este xoves, unha canción incluída no novo disco da banda O Caimán do Río Tea.

O vindeiro 11 e 12 de maio Corzáns será o mellor enclave para o tradiconal, a música e a gastronomía da nosa terra.

- Publicidade -spot_img