spot_img
InicioPontevedra e ÁreaBaiona presente no acto institucional con motivo do 532 Aniversario da Firma...

Baiona presente no acto institucional con motivo do 532 Aniversario da Firma das Capitulacións de Santa Fe

baiona-presente-no-acto-institucional-con-motivo-do-532-aniversario-de-firma-das-capitulacions-de-santa-feO pasado sábado o Municipio de Santa Fe de Selecta acolleu o acto institucional do 532 aniversario das Capitulacións de Santa Fe, que foron subscritas neste municipio granadino o 17 de abril de 1492 entre os Reis Católicos e o navegante Cristóbal Colón. Este é considerado como o primeiro documento escrito da Historia de América.

Revista Cousas de nº21

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e varios membros do goberno local estiveron presentes esta fin de semana no pobo irmán de Santa Fe de Granada con motivo do 532 Aniversario de Firma das Capitulacións entre os Reis Católicos e o Almirante Cristobal Colón en Santa Fe de la Vega de Granada, municipio co que se atopa hermanado polos seus lazos históricos desde 1994.

baiona-presente-no-acto-institucional-con-motivo-do-532-aniversario-de-firma-das-capitulacions-de-santa-fe

 

Un amplo programa de actividades festexou o 532 aniversario da firma do documento que cambiou a historia do mundo

 

Ademais do acto institucional, a celebración do 532 aniversario da firma das Capitulacións de Santa Fe os días 19, 20 e 21 de abril, incluía un mercado renacentista, exposicións temáticas, actividades deportivas, visitas guiadas, o internacional Festival Música dos Mundos e a primeira edición do Festival de Literatura Histórica.
- Publicidade -spot_img