spot_img
InicioCondado ParadantaA Marcha Cicloturista Sestelo Clásica Álvaro Pino terá lugar o 26...

A Marcha Cicloturista Sestelo Clásica Álvaro Pino terá lugar o 26 de maio

a-marcha-cicloturista-sestelo-clasica-alvaro-pino-tera-lugar-o-26-de-maioO Concello de Ponteareas acolleu a presentación da proba ciclista Sestelo-Clásica Álvaro Pino, que celebrará unha nova edición o próximo 26 de maio cunha previsión de arredor de 400 participantes.

Revista Cousas de nº21

O pasado 17 de abril, tivo lugar a presentación oficial da Marcha Cicloturista Sestelo Clásica Álvaro Pino, que celebra a súa cuarta edición da man da Asociación Deportiva Plan C en colaboración co Concello de Ponteareas, e que este ano contará con Roberto Heras como convidado especial, e tamén un homenaxeado, que en está ocasión será o ex ciclista profesional Suso Carballido.

A Marcha Cicloturista Sestelo Clásica Álvaro Pino 2024 gran fondo cicloturista mantén todos os obxectivos das pasadas edicións e mantense o cambio o cambio de trazado que xa levou a cabo na pasada edición e os dous percorridos, un curto de 67 quilómetros que contempla a subida a tres portos e un desnivel positivo de 1.000 metros, e un longo de 123 quilómetros que contempla a subida a 6 portos e un desnivel positivo de 2.150 metros, conviertiéndose así nunha marcha xa consolidada e nun referente no calendario cicloturista nacional.

A saída e meta levarán a cabo en Ponteareas, na Praza de Bugallal, e percorrerá 9 concellos: Ponteareas, Salceda, Tui, Salvaterra, As Neves, A Cañiza, Covelo, Mondariz e Mondariz Balneario. Os portos polos que pasará a marcha son: Fraga do Rei, Muro das Neves, Muro da Luz, Franqueira por Uma, Moncelo e Carbitallo.

Esta nova edición da Sestelo Clásica Álvaro Pino contará como convidado especial co ex ciclista profesional Roberto Heras, o español que máis veces gañou a Vuelta a España (catro veces). Heras militou en tres equipos como profesional ao longo da súa traxectoria profesional: Kelme, US Postal e Liberty Seguros-Würth. E tamén participou activamente en competicións de BTT como a famosa Titan Desert, que gañou catro veces, tres delas de forma consecutiva.

Este ano engádese como novidade un homenaxeado á marcha, que será o tamén ex cilcista profesional nacido en Ponteareas Suso Carballido. De feito, a camisola deste ano da marca Gobik, está inspirado no do equipo CLAS ao que pertenceu Carballido. Contarase tamén como vén sendo habitual coa participación de Discamino, e os participantes que desexen poderán facer unha doazón coa inscrición ao seu proxecto.

- Publicidade -spot_img