Inicio Pontevedra Louriña A alpinista mosense, Verónica Romero, pregoeira das Festas da Rosa 2019

A alpinista mosense, Verónica Romero, pregoeira das Festas da Rosa 2019

A alpinista mosense, Verónica Romero, pregoeira das Festas da Rosa 2019A integrante da expedición polar feminina ‘Compromiso por la tierra’ lerá o pregon o vindeiro xoves, día 13 de xuño e festivo local, ás 12.00 horas na Praza do Concello

O xoves  día 13 de xuño celebrarase o día grande da Rosa na Praza do Concello, coa exposición e apertura dos concursos de rosas e empanada de pan de millo a partir das 09.00 horas e ata ás 11.00 horas, momento no que dará comezo a Misa Solemne seguida, ás 12.00 horas, do Pregón a cargo da alpinista mosense Verónica Romero. Ás 12.30 horas chegará o veredicto dos concurso de rosas e concurso de empanadas de pan de millo. Ás 13.00 horas haberá unha actuación da Banda de Música Xuvenil de Torroso e o fin de festa farase coa exaltación da empanada de pan millo a cargo da Asociación de Mulleres Rurais, Val da Louriña.

Sobre a programación das Festas da Rosa 2019 a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, declarou que “o mes máis fermoso e festivo na localidade mosense é o de xuño” e animou aos visitantes doutros municipios “a compartir connosco esta programación adaptada a todos os públicos e gustos”.

“A Festa da Rosa, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, ten este ano como pregoeira a unha deportista mosense que ademais sabe moito de rosas polo seu oficio de florista, Verónica Romero. Unha muller incansable, traballadora, nai, atleta e alpinista de renome, que está a despuntar como membro da expedición ‘Compromiso por la Tierra’ na que, tras medirse cos Lagos de Laponia e o Cap de Barnes, realizou este ano a última hazaña de percorrer 700 quilómetros polo Lago Baikal, facendo 25 quilómetros diarios durante 60 días; o que a convirte na pregoeira perfecta para a Rosa 2019”, explicou Arévalo, quen destacou tamén a importancia nestas festas do tecido asociativo do municipio “que traballa de xeito inmellorable a prol da cultura e a tradición, como a Asociación de Palilleir@as de Mos que organizan o Encontro de Palilleir@as da Festa da Rosa, ou a Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña, que se encargan o día 13 de xuño da Exaltación da Empanada de Pan de Millo”.

O programa de actos da Festa da Rosa 2019 comezou xa a pasada fin de semana. Concretamento o domingo 2 de xuño no auditorio do Centro Dotacional de Torroso tivo lugar o III Festival Abrente Folk cun homenaxeado de honra, o Mestre Gaiteiro Sr. Xosé Martínez.

1 de xuño e o domingo 2 de xuño o Pavillón Óscar Pereiro acolleu ó IV Trofeo de Patinaxe Artística Rosaleira Vila de Mos.

O vindeiro domingo, día 9 de xuño, haberá tarde de música en Torroso e Mos con certames de bandas de música e corais, respectivamente. Ás 18.00 horas o auditorio do Centro Dotacional de Torroso acollerá ó XXI Certame de Bandas de Música Concello de Mos coa participación da anfitriona Banda de Música Xuvenil de Torroso e a Banda de Música de Salcedo. E ás 19.00 horas ASOMAMOS organiza no Pazo de Mos o Certame de Corais IX Memorial Constante Lago coa participación da propia Coral Polifónica de ASOMAMOS, a Coral Polifónica de Cambados, e a Coral Polifónica de Areas (Ponteareas).

O tradicional Encontro de Palilleir@s da Festa da Rosa, organizado pola Asociación de Palilleir@as de Mos e o Concello de Mos, -e que este ano chega á súa XII edición-, celebrarase o sábado 15 de xuño no habitual entorno de Costoias, Tameiga. O encontro comezará ás 11.00 horas e prolongarase durante todo o día, contando nesta ocasión coa participación da Mostra de Encaixe de Camariñas.

As novidades deste ano na programación da Festa da Rosa son o I Festival Tradicional da Rosa e o I Festival Daquelas que Cantan.

O domingo 16 de xuño terá lugar o I Festival Tradicional da Rosa, a partires das 18.00 horas da tarde no Multiusos das Pozas e coas actuacións do Grupo de Música e Baile Nosa Terra de Pereiras, o Grupo Cancionero de Cantanhede, Portugal; e o Grupo Folklórico Anaquiños de Chapela.

E por último, Malvela e Uxía Senlle poranlle o broche final ás Festas da Rosa 2019 co I Festival Daquelas que Cantan. A Voz das Mulleres no Camiño Portugués, que se celebrará o venres 21 de xuño e sábado 22 de xuño no Pazo de Mos con concertos de Malvela en homenaxe á Señora Carmen, Uxía, Celina da Piedade (Portugal), Kátya Teixeira (Brasil), Arume, Zaragateiras, Engutío… entre outros. O festival contará con obradoiros de cante tradicional, a colaboración de Tiago Pereira e Dorinda Castro, unha andaina de recollida de herbas de San Xoán, foliadas e moitas outras actividades.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies