spot_img
InicioBaixo MiñoA Guarda'Exodus' a exposición itinerante para dar a coñecer o drama dos refuxiados...

‘Exodus’ a exposición itinerante para dar a coñecer o drama dos refuxiados chega ao Concello de A Guarda

a-guarda-acolle-a-exposicion-exodus-na-casa-do-concello

“Exodus: o drama dos refuxiados en Europa” arrancou en Pontevedra e pódese visitar no Concello da Guarda ata o 29 de xuño

 A Deputación de Pontevedra converte a exposición “Exodus: o drama dos refuxiados en  Europa”, de Felipe Carnotto e Adrián Irago, en itinerante tras o seu éxito no Pazo Provincial da institución provincial. O primeiro concello que acolle a mostra itinerante é A Guarda, onde pode visitarse na casa do concello ata o 29 de xuño, posteriormente dirixirase a Caldas (1 ó 15 de xullo), Salceda de Caselas (19 de xullo ó 1 de agosto), Nigrán (2 ó 15 de agosto), Forcarei (16 ó 31 de agosto), Catoira (1 ó 14 de setembro), Moaña (16 ó 30 de setembro), Tomiño (3 ó 17 de outubro) e Rodeiro (18 ó 31 de outubro).

“Exodus: o drama dos refuxiados en Europa” amosa  a través das fotografías de Felipe Carnotto e Adrián Irago as vivencias persoais na denominada ruta dos refuxiados. As imaxes foron tomadas polos fotoxornalistas galegos entre setembro e outubro do ano pasado, e reflicte a viaxe das persoas refuxiadas na súa viaxe por Lesbos e os Balcáns na procura dun novo fogar en Europa.

A través desta exposición, a institución provincial pretende sensibilizar á cidadanía sobre a dramática situación que están a vivir miles de persoas refuxiadas que se viron forzadas a deixar os seus fogares e desprazarse a Europa fuxindo de diferentes conflitos bélicos, principalmente de Siria, Iraq e Afganistán. Trátase, como asegurou Carmela Silva, “da maior crise humanitaria do noso tempo, polo que a Deputación ten a obriga ética e moral de non mirar para outro lado e facer un chamamento ás institucións europeas para que, desde unha posición humanitaria, proporcionen acollida ás persoas que foxen da guerra e da miseria”.

Segundo a Organización Internacional para Migracións, no 2015 chegaron a Europa 1,2 millóns de refuxiados, dos cales o 25% eran menores de idade e preto de 3.700 persoas faleceron no Mediterráneo durante o éxodo.

Leer mais: Exodus – exposición itinerante

- Publicidade -spot_img