spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda acolle a exposición 'Exodus' na Casa do Concello

A Guarda acolle a exposición ‘Exodus’ na Casa do Concello

a-guarda-acolle-a-exposicion-exodus-na-casa-do-concello

Este martes 14 de xuño, tivo lugar na Casa do Concello de A Guarda a presentación da Exposición “Exodus” que acolle o edificio do 14 ao 29 de xuño.

A Guarda inicia así o percorrido desta mostra fotográfica, organizada pola Deputación de Pontevedra, que amosa fotografías sobre refuxiados tomadas polos fotoxornalistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago durante os meses de setembro e outubro de 2015.

A este acto acudiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, a Concelleira de Cultura, Elena Baz, a Concelleira de Servizos Sociais, Teresa Vicente Baz e a Deputada de Cohesión Social, Digna Rosa Rivas.

A mostra conta cun total de 30 obras que documentan as vivencias dos refuxiados que foxen de distintos conflitos bélicos para chegar a Lesbos e percorrer os Balcáns na busca dun novo fogar en Europa.

A exposición permanecerá na Casa do Concello da Guarda ata o día 29 para que todo o que o desexe poida achegarse en horario de 8 a 14 horas e contemplar estas sobrecolledoras imaxes, que buscan concienciar sobre a situación dos refuxiados.

- Publicidade -spot_img

1 comentario

Comments are closed.

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.