spot_img
InicioBaixo MiñoTomiño acondiciona a praia de Goian para o verán

Tomiño acondiciona a praia de Goian para o verán

tomino-acondiciona-a-praia-de-goian-para-o-veran

Os efectos devastadores das crecidas do río durante o inverno causaron importantes danos, tanto na praia coma no pantalán situado na zona

 Mil metros cúbicos de area, serán necesarios para acondicionar a Praia de Goián, situada á beira do Espazo Fortaleza, despois dos danos ocasionados polos temporais e aumento desmesurado do caudal do río Miño durante os últimos meses.

Francisco Campo Lago, concelleiro de Vías e Obras, explica que se trata de obras de carácter excepcional, xa que o estado en que quedaron as instalacións imposibilita totalmente o uso das mesmas por parte da veciñanza.

A intervención consistiu concretamente, en reconstruír os accesos ás praias e a zona de duchas, por afundimento, cun investimento que rolda os 20.000 euros.

A area necesaria para rechear a praia, é de balde, xa que procede da zona da desembocadura do Miño, onde era necesario dragar o canal do ferry entre A Guarda e Caminha.

Por outra banda, será necesario reconstruír tamén o pantalán, que foi seriamente danado e desprazado do seu lugar orixinal varios metros.

Paralelamente, o Concello está a acondicionar o Espazo Fortaleza de cara ao verán, procedendo á limpeza, corte da herba, e outras tarefas de mantemento e conservación.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.