spot_img
InicioVal MiñorBaionaMáis de 180 escolares participarán na Semana Azul 2016 na praia da...

Máis de 180 escolares participarán na Semana Azul 2016 na praia da Ladeira (Baiona)

Máis de 180 escolares participarán na Semana Azul 2016 que se celebra durante 3 días na Ladeira

A concelleira de Deportes, Mª Jesús Martins Passos, acudiu á Praia Ladeira para dar a benvida aos máis de 60 nenos e nenas que comeza hoxe as actividades da ‘Semana Azul 2016’ enmarcada dentro da Campaña Escolar de Fomento de Deportes Naúticos que organizan a Concellería de deportes e a Actividades Marítimas do Concello de Baiona.

As novas instalacións de wetsport en Ladeira e a propia praia da Ladeira serán os escenarios nos que o alumnado levarán a cabo as actividades.

“É un pracer como Concelleira de Deportes comprobar in situ o entusiasmo e a ilusión que desbordan estes pequenos e pequenas. A Semana Azul é esperada con moito desexo polos baioneses e ten unha gran acollida. Proba diso é que ao longo do día de hoxe, o vindeiro luns e martes máis de 180 alumnos practicasen deportes náuticos na nosa baía. Desde o Concello temos desde hai anos un gran compromiso por fomentar o deporte e este tivo calado entre a nosa poboación, ás cifras de partición remítome”, destacou Mª Jesús Martíns Passos.

Nesta nova campaña do 2016, presenta moitas novidades e a primeira é a aglutinar a mesma en tres días en xornada de mañá e tarde e onde os participantes poderán desenvolver e penetrarse en deportes náuticos como os seguintes; Ver lixeira, Pádel surf, windsurf e piragüismo.

A idea é realizar xornadas continuas onde os participantes pasarán desde as 11.00 h ata as 18.00 h realizando deportes náuticos facendo unha breve parada ao medio día para tomar un bocadillo e repoñer forzas.

A Campaña consta de dous prazos de inscrición, o primeiro iníciase o 1 de xuño para os escolares dos centros públicos de Baiona e un segundo para partir do día 15 de xuño para o resto de escolares que queiran participar. Poderán participar todos aqueles interesados que cumpran os seguintes requisitos; saber nadar e ter entre 10 e 18 anos.

O día 23 de xuño para escolares de 10 a 12 anos.
O día 27 de xuño para escolares de 13 a 14 anos.
O día 28 de xuño para escolares maiores de 15 anos.

A Campaña Escolar de Fomento de Deportes náuticos é totalmente gratuíta, que a través, do Concello de Bayona subvenciona a totalidade dos cursos así como as licenzas federativas para os escolares participantes.

A Campaña conta coa colaboración de entidades como O Monte Real Club de Yates de Baiona, Club Piragüismo Baiona, WestSport Ladeira e Cocacola que grazas ás súas colaboracións é posible realizar un proxecto de tanta envergadura e importancia como o que se presenta.

Coa posta en marcha da Semana Azul do 2016, tamén se abre o período de inscricións para todos aqueles interesados en realizar algún curso de iniciación das actividades deportivas náuticas que para o presente período de verán ten previsto desenvolver o Concello de Baiona que son: Vela Lixeira, Windsurf, Piragüismo e paddel surf.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.