spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaÚltima fin de semana para completar o pasaporte de "Tapearte A Guarda...

Última fin de semana para completar o pasaporte de “Tapearte A Guarda 2016”

ultima-fin-de-semana-para-completar-o-pasaporte-de-tapearte-a-guarda-2016

Durante o último mes todas as persoas que se achegaron á Guarda os venres, sábados e domingos dende o 27 de maio puideron desfrutar da terceira edición de “Tapearte A Guarda”, ruta gastronómica organizada polo Concello de A Guarda que remata este domingo día 26 de xuño.

Esta iniciativa, que busca impulsar e apoiar a gastronomía de A Guarda en colaboración cos hosteleiros locais, celebrou neste ano a súa edición de máis duración, debido á boa acollida que tivo nas ocasións anteriores. Así, “Tapearte A Guarda 2016” abarca 5 fins de semana nas que nun horario que vai das 12 a 13 horas e pola tarde das 19 a 21 horas, pódense degustar as 20 tapas que ofrecen 20 establecementos ao módico prezo de 2€ cada unha.

Unha das novidades que se presentaron na edición deste ano foi a creación dun pasaporte para potenciar o concepto de ruta. Este inclúe os 20 establecementos adheridos e nel se selarán aquelas tapas que sexan consumidas. Os que completen o pasaporte e selen as 20 tapas terán un agasallo directo asegurado, que pode ser un altavoz inalámbrico e un detalle elaborado pola Asociación Avelaíña que recollerán na Oficina de Turismo do Concello canxeando o pasaporte, como xa fixeron algúns participantes. Ademais, aqueles que cheguen a selar 12 das 20 tapas, entrarán no sorteo de diversos agasallos como reloxos, set de viños ou baterías portátiles que terá lugar o mércores 6 de xullo no Concello de A Guarda.

Pero tamén as tapas levan premio, pois os propios consumidores teñen a posibilidade de puntualas no Concurso da Mellor Tapa de Tapearte 2016. Os participantes poden valorar no propio pasaporte do 1 ao 3, sendo 3 a maior puntuación. Deste xeito se premiará ao establecemento coa mellor puntuación, e tamén ó que ofreza o maior número de tapas.

O Concello de A Guarda anima a todo ó mundo a desfrutar este venres, sábado e domingo dos últimos tres días dunha ruta que conta con tapas de gran calidade, representativas da cociña da vila, e a non perder a oportunidade de gañar un agasallo asegurado completando o pasaporte ou de entrar no sorteo.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.