·Publicidade ·spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaConstituída a Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular

Constituída a Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular

Constituída a Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular
Caldelas de Tui

Traballará na valorización do patrimonio cultural e natural  desenvolvendo infraestruturas e servizos nos Camiños do Oeste Peninsular con maior tradición xacobea

Na Asemblea Constituínte da rede, que tivo lugar esta mañá, aprobáronse o manual de procedemento e o rexistro da marca e logotipo na rede da Oficina Española de Patentes e Marcas e Oficina da Propiedade Intelectual da Unión Europea.

Constituída a Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular
Tui

A través desta iniciativa, a Deputación de Pontevedra, xunto ás de Badaxoz, Cáceres, Cádiz, Córdoba, Huelva, Ourense, Sevilla e Zamora, á Xunta de Extremadura e ás entidades portuguesas de Turismo do Alentejo, Turismo do Centro e a Cámara Municipal de Barcelos, traballarán na valorización do patrimonio cultural e natural desenvolvendo infraestruturas e servizos nos Camiños a Santiago do Oeste Peninsular con maior tradición xacobea.

A Deputación de Pontevedra vén de converterse nunha das trece entidades galegas, españolas e portuguesas promotoras da Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular, que hoxe mesmo se constituíu a través dunha xuntanza telemática na que participou a deputada de Turismo Ana Laura Iglesias.

A Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular conta cun orzamento de 2,5 millóns de € cofinanciados nun 75% polo FEDER a través do POCTEP 2014-2020. O seu principal obxectivo é establecer unha estratexia para desenvolver infraestruturas e servizos nos camiños cara Santiago que transcorren polo Oeste Peninsular como son a Vía da Prata, o Camiño Mozárabe, o Camiño da Costa ou o Camiño Portugués.

turismo-de-galicia-leva-a-portugal-e-alemana-duas-exposicions-que-promoven-o-destino-galicia-e-o-camino-de-santiagoEn concreto traballarase ao longo do ano 2021 e 2022 nunha actuación homoxénea de sinalización, a través dun Plan Global de Sinalización; na mellora de equipamentos, difusión e uso de tecnoloxías para poñer en valor as rutas como recursos turísticos, desenvolvendo unha App. Amais, a rede, que contará cun logotipo que recollerá a tradición xacobea a través da cuncha de vieira, tamén vai implantar unha estratexia para incrementar a coordinación en canto á conservación, dinamización, difusión e prestación de servizos no camiño, a través de xornadas de divulgación, intercambios de experiencias e accións de sensibilización.

Baiona-elixida-punto-partida-Camiño-Santiago-beleza-paisaxística-axencia-viaxes
Baiona – Cruceiro Santísima Trinidade

No marco deste proxecto de cooperación transfronteiriza a Deputación de Pontevedra vai desenvolver unha exposición itinerante denominada “Camiños do Sur”. A mostra percorrerá Tui, Baiona, Pontevedra e Caldas, así como outras localidades galegas e españolas, acompañada de conferencias ou debates e dunha acción lúdica, a modo de xogo de pistas, dirixida á poboación infantil. En liñas xerais a exposición porá en relevo a antigüidade do Camiño Portugués, a súa actualidade, a súa relación coa paisaxe, as tradicións, os pobos, as cidades, as xentes e culturas e amosa o percorrido do camiño e os datos históricos da súa existencia, facendo fincapé no seu aliñamento cos ODS da Axenda 2030 das Nacións Unidas.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies