spot_img
InicioVal MiñorNigránNigrán incorporará as súas dúas primeiras especies ao catálogo de 'Árbores Senlleiras...

Nigrán incorporará as súas dúas primeiras especies ao catálogo de ‘Árbores Senlleiras de Galicia’ para outorgarlles máxima protección

Nigrán incorporará as súas dúas primeiras especies ao catálogo de 'Árbores Senlleiras de galicia' para outorgarlles máxima protecciónTrátase da árbore botella situada na entrada da antiga fábrica de champán e do castiñeiro da Igrexa de San Pedro, a 400 metros unha da outra e na traza do Camiño de Santiago pola Costa

O Concello de Nigrán presentará as súas dúas primeiras especies  para que se incorporen ao catálogo de ‘Arbores senlleiras de Galicia’ creado pola Xunta no 2007 co obxectivo de outorgarlles a máxima protección. En concreto, trátase da coñecida como ‘arbore botella’ pegada á entrada da antiga fábrica de champán e do castiñeiro situado no recinto da igrexa de San Pedro, ambas situadas na traza do Camiño Portugués pola Costa, con máis dun século de vida, unha foránea e a outra icónica de Galicia, e a 400 metros unha da outra. Actualmente, no Val Miñor só figuran neste catálogo os abetos chinos do Pazo de Gondomar.

“Son dúas árbores espectaculares polo seu gran porte e a súa ubicación, cunha historia intrínseca, e queremos protexelas e poñelas en valor para garantir a súa supervivencia independientemente de futuras actuacións que puidesen realizarse na contorna”, incide o alcalde, Juan González, quen destaca que ao estar situadas na traza do Camiño “constitúen un elemento máis de interese”. Así, a súa catalogación permitiría incoporalas ao patrimonio natural de Nigrán e darlles unha especial protección que recoñece o seu valor científico, cultural, etnográfico e histórico, é dicir, protexeríanse a nivel biolóxico e antropolóxico.

“Está nun cruce de camiños e entre as súas polas pasa cableado eléctrico, queremos protexela e que ningunha decisión urbanística poida supoñen nunca acabar con esta árbore, en definitiva, buscamos que pase a formar parte do noso patrimonio natural protexido”, resume o alcalde, Juan González.

A árbore botella, braquitito ou kurrajong é unha especie exótica natural do este de Australia moi rara de atopar en Galicia e posiblemente traída por migrantes, polo que ten un especial interese por este motivo e pola súa relación histórica coa antiga fábrica de champán coa que linda, xa que antigamente formaba parte da súa finca (está situada no lugar da Pereira, nun cruce de camiños na parroquia de San Pedro).  Co paso do tempo a empresa vinícola fixo un muro cunha placa tallada na entrada na que figura o ano 1901, quedando o braquitito na rúa, polo que non cabe dúbida de que supera os 120 anos (a maiores, unha ancha cicatriz vertical na cortiza denota a súa gran idade). Recordemos que esta foi a primeira adega de champaña de Galicia, onde se fabricou entre 1920 e 1925 o ‘Gran Champán Galicia’ baixo a marca ‘Manuel Costa y Cía’, feito de especial interese histórico para Nigrán que o Concello desexa divulgar tamén a través desta singular ‘botella’.

Castiñeiro de San Pedro

A escasos 400 metros, custodiando unha das entradas ao camposanto de San Pedro, parada do Camiño de Santiago pola Costa, atópase o castiñeiro, cun diámetro de 158 cm (28 cm por riba do perímetro normal) e 35 metros de altura baixo un aspecto corpulento e porte erecto. O enxeñeiro forestal municipal certifica “sendo moi precavido’ que supera os 110 anos, xa que nas fotografías do voo américano de 1956-1957 xa se aprecia cunha copa moi similar, polo que como mínimo naquel intre tería 50 anos. Sendo unha árbore autóctona e icónica en Galicia, é unha sorte que sobreviva un exemplar coas súas características ten preto do litoral, xa que pola propia urbanización da franxa costeria, a maioría destes exemplares redúcense ao interior da comunidade. Este exemplar é boa proba da importancia dos castiñeiros en Galicia como sustento e fonte de madeira ao longo do tempo: as fortes podas que sufríu (aínda apreciables) indican que a súa extración non só foi con obxectivos de formación, se non tamén para adquisición de madeira de gran calidade. A maiores, o certo é que este castiñeiro forma parte esencial do conxunto da igrexa de San Pedro e tamén da súa historia, tanto é así que os veciños aínda recordan cando apoiado sobre as súas polas se colocaba o palco da música para as festas parroquiais.

“As dúas árbores forman parte da Historia de Nigrán, está máis que xustificado o seu interese para formar parte do catálogo de árbores senlleiras de Galicia, estas serán os dúas primeiras do municipio pero desde logo que solicitaremos incorporar máis se somos coñecedores doutras”, indica o rexedor.

- Publicidade -spot_img