spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaConcertos no Río Miño-Encontro de Tocadores ‘Entre Margens’

Concertos no Río Miño-Encontro de Tocadores ‘Entre Margens’

Concertos no Río Miño-Encontro de Tocadores ‘Entre Margens’O Encontro de Tocadores `Entre Margens’ amplia a súa programación musical nesta edición do 2019 que comeza hoxe, grazas a unha colaboración de 15.000 euros do AECT Rio Minho, dentro do marco do proxecto de cooperación transfronteiriza Smart Minho, do que o agrupamento europeo forma parte, xunto coa Deputación de Pontevedra, o CIM Alto Minho e a Fundación Ceer.

A través deste acordo de colaboración o AECT Rio Minho financia ‘Concertos no Río Miño’, un total de 8 actuacións, dúas na Guarda, tres en Caminha e outras tres a bordo do Ferryboat que une as dúas vilas completando deste xeito o programa de actividades do festival transfronteirizo, cunha proposta que inclúe parte do mellor folk e música tradicional de Galicia e Portugal.

Concertos no Río Miño-Encontro de Tocadores ‘Entre Margens’

Nos escenarios dos ‘Concertos no Río Miño’ poderemos ver as actuacións de Sérgio Mirra, Pan de Capazo, Segue-me à Capela, Carlos Batista e Roncos do Diabo, así como varios concertos a mans de tocadores e tocadoras de Galiza e Portugal a bordo do Ferryboat Santa Rita de Cassia. Todos os concertos serán de balde.

´Concertos no Río Miño’ é unha iniciativa do AECT Río Miño e forma parte da actividade 2 do proxecto Smart Minho. Esta actividade comprende actuacións orientadas á recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial miñoto, a organización de foros culturais entre axentes locais de ambas beiras e a participación en festivais de música transfronterizos. Precisamente, este último punto materialízase neste acordo de colaboración co Encontro de Tocadores Entre Margens xa que este evento musical encaixa á perfección coa filosofía do proxecto e co seu espírito de cooperación.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.