Inicio Alto Minho Tres colexios tomiñeses participan na “Bienal dos Pequeninos” de Vila Nova de...

Tres colexios tomiñeses participan na “Bienal dos Pequeninos” de Vila Nova de Cerveira

Tres colexios tomiñeses participan na “Bienal dos Pequeninos” de Vila Nova de CerveiraA IX EDUCARTE reforza a participación internacional con presenza de escolas do Brasil, Italia, Qatar, España e Portugal e un total de cinco mil estudantes

Tres centros de Primaria e Infantil de Tomiño acoden á novena edición de Educarte 2019, mostra de arte infantil e xuvenil incluída este ano na senda da Eurocidade Tomiño-Cerveira.

Os colexios de Sobrada, Goián e Tomiño (Pedro Caselles) asisten cos seus traballos, á exposición coñecida na zona coma a “Bienal dos Pequeninos”, e inaugurada esta mañá coa presenza de autoridades de ambos os municipios fronteirizos.

Vila Nova de Cerveira, tamén coñecida coma “Vila das Artes”, volve a impulsar unha edición máis de EDUCARTE, no Salón Multiusos do Cineteatro de Cerveira, dende hoxe até o 1 de xuño.

Tres colexios tomiñeses participan na “Bienal dos Pequeninos” de Vila Nova de Cerveira

A IX edición asume unha maior internacionalización, coa presenza de 952 traballos de 14 escolas de cinco países, nun total de 5.000 alumnos e alumnas.

Coa intención de desenvolver competencias, habilidades e talentos nas áreas artísticas, nunha perspectiva de inclusión, Vila Nova de Cerveira, coa colaboración das escolas do concello e demais entidades, organiza cada dos anos esta exposición de traballos artísticos exclusivamente elaborados por nenos e mozos.

Considerado un evento de referencia no seo da comunidade educativa do Sur de Pontevedra e Norte de Portugal, EDUCARTE  ten espertado o interese de municipios veciños como Camiña e Valença do Minho, así coma, superando fronteiras, de Tomiño (por primeira vez en 2016).

Para o presidente da Cámara Municipal de Cerveira, Fernando Nogueira, “non hai nada mellor do que espertar o bichiño da arte e exercitar a vea artística entre os nenos e mozos, e as entidades públicas teñen a obrigación de fomentar esas ganas, a través da oferta de recursos”.

A exposición presenta tamén unha compoñente interactiva coa dinamización de talleres, con la colaboración da Fundación Bienal de Arte de Cerveira, do Aquamuseu do río Miño, do Convento San Payo e do CITCEM – Centro de Investigación Transdisciplinar da Universidade do Porto.

Horarios de funcionamento:

Días 29 e 30 de maio: 10h00 a 12h00 e 14h00 a 16h30

Día 31 de maio: 10h00 a 12h00 | 14h00 a 16h30 | 21h00 a 23h00

Día 1 de xuño: 09h30 a 13h00

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

693FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies