Inicio Baixo Miño Clausura do obradoiro “Percorre Tui” no que se formaron 20 desempregados en...

Clausura do obradoiro “Percorre Tui” no que se formaron 20 desempregados en promoción turística e páxinas web

Clausura do obradoiro “Percorre Tui” no que se formaron 20 desempregados en promoción turística e páxinas webO delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, clausurou esta mañá que o obradoiro “Percorre Tui” no que se formaron 20 desempregados deste concello en promoción turística e en configuración de páxinas web.

No acto, o delegado territorial, estivo acompañado do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial.

O obradoiro de Tui contou con 20 alumnos e unha achega da administración autonómica de 288.807 euros. Estivo centrado en promoción turística local e información ao visitante así como en configuración e publicación de páxinas web, polo que os alumnos realizaron prácticas levando a cabo labores de creación de varias rutas que unan as parroquias do concello de Tui que tomaron como eixe o Camiño de Santiago, así como na realización dunha páxina web para a proxección do estudo e das rutas que se elaboraron na outra especialidade.

A principal novidade desta nova modalidade é que os participantes puideron combinar un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses, cun contrato en prácticas de polo menos tres meses máis nunha empresa emprazada no mesmo ámbito territorial e cunha actividade vinculada ás materias do obradoiro: “Tratamos así de combinar formación e aprendizaxe coa oportunidade dunha experiencia laboral”, explicou Cores Tourís. O obxectivo é seguir mellorando o emprego nos concellos galegos, especialmente os do rural, adaptando a oferta formativa ás súas demandas e necesidades de contratación.

Os obradoiros duais forman parte do compromiso da Xunta coa formación, xa que, segundo o delegado territorial, esta é a chave que pode abrir as portas a un futuro de oportunidades laborais. Así, o Goberno galego inviste este ano 135 millóns de euros en medidas centradas na orientación e na cualificación para favorecer o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral, con cursos que se adapten aos novos perfís profesionais e ás demandas e necesidades reais do tecido empresarial.

“Con estes obradoiros cumprimos un dobre obxectivo: obter unha maior empregabilidade dos nosos desempregados e facilitar a recuperación do patrimonio cultural e paisaxístico”, engadiu José Manuel Cores Tourís.

O delegado territorial recordou que xa son 4 os obradoiros aprobados dende o ano 2013 en Tui, “o que supón un investimento en formación por parte da Xunta de Galicia que rolda o millón de euros”.

En total, na provincia de Pontevedra desenvolvéronse no presente ano 26 obradoiros, 18 duais e 8 dirixidos a mozos de menos de 25 anos, nos que participaron 487 alumnos. No caso dos obradoiros duais, a novidade foi a combinación dun contrato de formación e de aprendizaxe durante nove meses. O investimento na provincia para obradoiros rondou os 6,4 millóns de euros.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies